O Campionato de España de Atletismo culmina unha fin de semana “que ofreceu unha enorme visibilidade a Ourense no ámbito do deporte”

Manuel Baltar asistiu hoxe á xornada de peche do nacional Indoor que transformou a cidade “nun escenario perfecto para o deporte poñendo a proba a nosa capacidade organizativa, que é moita e boa”

Subliñou que “este tipo de eventos prestíxianos no ámbito turístico, e referenda esa aposta nosa polo ecosistema de turismo deportivo que seguiremos potenciando”

Expresou a súa satisfacción por un campionato no que participou a elite do atletismo español e deixou récords nacionais “nunhas instalacións que son a envexa de todo o noroeste peninsular”

Ourense, 27 de febreiro de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asistiu hoxe á xornada de peche do Campionato de España de Atletismo en pista cuberta, que rematou esta mañá en Expourense logo de tres días de competición, coa visita tamén do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. O nacional indoor de atletismo, que regresou de novo á cidade tralo campionato celebrado hai dous anos, “culmina unha fin de semana que ofreceu unha enorme visibilidade a Ourense no ámbito do deporte”, subliñou Manuel Baltar poñendo tamén en valor o paso onte sábado pola provincia da Volta ciclista a Galicia O Gran Camiño.

O presidente provincial expresou a súa satisfacción polo desenvolvemento dun campionato que contou coa participación da elite do atletismo español e deixou importantes marcas e récords nacionais. Unha proba, engadiu, que permitiu comprobar unha vez máis “a calidade da mellor pista cuberta de Galicia e unhas instalacións que son a envexa de todo o noroeste peninsular”.

Manifestou ademais o seu “orgullo polo resultado da colaboración entre as administracións local, provincial e autonómica, básica para gozar dun campionato de España e puxar pola celebración en Ourense doutras probas nacionais –como campionatos de atletismo máster-, e mesmo internacionais.

O campionato trouxo a Ourense a máis de 4.000 persoas, entre deportistas, técnicos, xuíces, axudantes, acompañantes dos atletas e público en xeral, “cun AVE a pleno rendemento e transformando a Ourense nun escenario perfecto para o deporte poñendo a proba a nosa capacidade organizativa, que é moita e boa”. Pero, ademais, destacou Manuel Baltar, “este tipo de eventos prestíxianos no ámbito turístico, e referenda esa aposta nosa polo ecosistema de turismo deportivo que seguiremos potenciando”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El campus de Cesur en Madrid: un gigante de la formación profesional en España

Cesur, referente en Formación Profesional en España, anunció este lunes la inauguración de Cesur Campus,…

14 horas hace

La moda online en España tiene líderes claros: Shein, Zara y H&M

El mercado de la moda online en España está liderado por Shein, seguido de cerca…

14 horas hace

Prosegur registra un incremento del 32% en su beneficio neto consolidado, alcanzando los 17 millones en el primer trimestre del año

Prosegur ha obtenido un beneficio neto consolidado de 17 millones de euros durante los primeros…

15 horas hace

Más de la mitad de los encuestados españoles sienten que sus segundas propiedades están en mayor riesgo que en el año anterior

La percepción de riesgo de los españoles por su vivienda vacacional ha aumentado cuatro puntos…

17 horas hace

¡El OurenseCF alcanza un logro histórico al subir a Primera Federación!

Un ascenso celebrado El Ourense CF ha marcado un hito al asegurar su lugar en…

19 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 29 de abril de 2024

Para hoy por la mañana en Ourense se prevé escasa nubosidad. Según pasen las horas…

1 día hace

Esta web usa cookies.