Manuel Baltar compromete o apoio da Deputación a Queixumes dos Pinos para garantir o futuro do legado de José Antonio Viñas

Despois de reunirse con representantes desta asociación ourensá, o presidente provincial anunciou a próxima aprobación dunha axuda para garantir o traballo dunha agrupación caracterizada “pola vinculación coa nosa etnografía e coa investigación dos nosos costumes”

Engade Manuel Baltar que “no fío desta colaboración está a memoria de José Antonio e todo o que lle debemos polo seu traballo a prol da cultura de Ourense”

Ourense, 2 de marzo de 2022.- A Deputación de Ourense contribuirá á estabilidade e futuro da asociación cultural Queixumes dos Pinos para manter vivo o legado do seu fundador, José Antonio Viñas, falecido a finais do pasado ano. “Un dos grandes nomes da cultura popular ourensá, cuxo labor non pode quedar no esquecemento”, afirmou o presidente provincial, Manuel Baltar, tralo encontro que mantivo con María Rita Mira Doallo, representante e coordinadora técnica da asociación e nai de José Antonio Viñas, que estivo acompañada por membros da agrupación.

Manuel Baltar anunciou que na modificación de créditos que a Deputación aprobará en próximas semanas incluirase unha axuda destinada a Queixumes dos Pinos “para resolver cuestións relacionadas co funcionamento da asociación e darlle estabilidade a futuro”. O obxectivo, engadiu, é “garantir o traballo dunha agrupación que se ten caracterizado pola vinculación coa nosa etnografía e coa investigación dos nosos costumes, expresados culturalmente a través da danza pero tamén mediante outro tipo de manifestacións artísticas”.

Non obstante, subliñou, “no fío desta colaboración está a memoria de José Antonio e todo o que lle debemos polo seu traballo a prol da cultura de Ourense”. Nesta liña, dixo, “desde a Deputación comprometémonos a garantir a estabilidade de Queixumes dos Pinos, que é como dicir que mantemos a obra do seu fundador”.

Con este compromiso, a Deputación de Ourense consolida a colaboración que sempre mantivo coa asociación cultural Queixumes dos Pinos, que no presente ano cumprirá o 28 aniversario da súa creación. Neste tempo converteuse nun dos referentes da música popular galega grazas ao traballo do seu fundador, José Antonio Viñas, falecido o pasado 29 de decembro aos 44 anos. Director do grupo de danza da asociación e do Centro de Estudos Viñas, non só formou na música e danza populares a centos de rapazas e rapaces ourensáns, senón que o seu labor tamén foi recoñecido máis aló de Ourense e de España como  director de festivais e vicepresidente da Federación Internacional de Folklore (IGF).

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 16 de mayo de 2024

Para hoy por la mañana en Ourense estará muy nublado con lluvia. A medida que…

4 horas hace

Rembrandt y Van Gogh en la muestra de Fundación Unicaja

Fundación Unicaja ha presentado en su centro cultural de Málaga la exposición ‘De Rafael a…

11 horas hace

Calladita, la película financiada con NFTs de Miguel Faus

‘Calladita’, el primer largometraje dirigido por Miguel Faus, se estrena este viernes en los cines…

11 horas hace

Más de 170 expositores en la feria del campo 4.0

La Feria del Campo 4.0, el nuevo salón dedicado a impulsar la innovación del sector…

12 horas hace

Chocomel dona más de 38.000 litros a los Bancos de Alimentos de Canarias

Chocomel, la marca de batido de chocolate de FrieslandCampina, ha realizado una donación de 38.537…

12 horas hace

Thyssen-Bornemisza y Quirónsalud con la Universidad Rey Juan Carlos descubren beneficios artísticos para la salud

Quirónsalud, la Universidad Rey Juan Carlos y el Museo Nacional Thyssen-Bornemisza, han puesto en marcha…

13 horas hace

Esta web usa cookies.