No marco da cita de Barcelona abordáronse diferentes aspectos da próxima Mobile Week e proxectos de conectividade no ámbito rural
Ourense, 3 de marzo de 2022.- A Mobile Week Ourense 2022 continúa dando pasos cara adiante. Despois da celebración en Ourense da xornada de lanzamento desta nova edición, liderada polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e o CEO da Mobile World Capital Barcelona, Carlos Grau -coa presenza de actores sociais referenciais da provincia como a UVigo, a Cruz Vermella ou a CEO- esta semana produciuse un novo encontro de traballo no marco do Mobile World Congress, en Barcelona. Nel, o director da área de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, Fernando Suárez, puxo en común diversos aspectos da próxima Mobile Week Ourense 2022 con Carlos Grau e Eduard Martín -CIO da Mobile World Capital Barcelona-, así coma coa directora de Digital Future Society, Cristina Colom, e directivas da Mobile Week. Tamén se analizaron proxectos de conectividade no ámbito rural.
A Mobile Week Ourense 2022 celebrarase no mes de novembro por toda a provincia. Na xornada de lanzamento, desenrolada o pasado 31 de xaneiro, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, destacou a importancia da alianza coa Mobile World Capital Barcelona: “Xunto a eles seguimos loitando contra a brecha dixital, visibilizando a provincia coma un referente tecnolóxico”.
Hoy por la mañana en Ourense habrá cielos cubiertos con tormentas acompañadas de lluvia. Según…
OURENSE, 20 (EUROPA PRESS) Un conductor ha sufrido este lunes un siniestro en la localidad…
El DiSputado y su Mapa de España: Una visión humorística que enciende a la red…
homming, compañía 'proptech' en la categoría del property management, presentará en el Salón Internacional Inmobiliario…
LALIGA es una de las marcas más reconocibles en España, y así lo indican numerosas…
El último ranking elaborado por la Fundación CyD reconoce a la Universidad Alfonso X el…
Esta web usa cookies.