Consuelo Chacón inaugura no Marcos Valcárcel a exposición “O lugar intermedio”

A artista multidisciplinar presenta no centro cultural da Deputación unha mostra que afonda na súa preocupación polo espazo

Ourense, 4 de marzo de 2022.- Consuelo Chacón, artista multidisciplinar que se desenvolve entre a pintura, a fotografía, a arquitectura e a instalación, inaugurou esta tarde no Centro Cultural Marcos Valcárcel, da Deputación de Ourense, a súa última exposición, “O lugar intermedio”, acompañada de artistas, amigos e autoridades coma os vicepresidentes provinciais Rosendo Fernández e César Fernández. 

Chacón, que tamén preside a Fudación Museo de Arte Contemporáneo Florencio de la Fuente, no mosteiro de Santa María de la Merced, en Huete (Cuenca), afonda nesta mostra sobre a súa reiterada preocupación polo espazo, especialmente por eses espazos inertes, casi inexistentes pero que nos dan outra perspectiva ao superpoñer varios elementos. Consuelo Chacón tamén amosa o seu interese tradicional pola natureza, que incorpora permanentemente á súa obra. Cómpre salientar que dende a Fundación Florencio de la Fuente, Consuelo Chacón realizou nestes últimos anos unha forte aposta polos artistas galegos, ofrecendo as súas salas para os seus traballos.

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, salientou este aspecto de apoio e compromiso cos creadores galegos, deixando patente que  “dende a Deputación tamén temos sempre as nosas portas abertas a creadores que nos traían novidades e maneiras diferentes de expresarse artisticamente”. O director do centro cultural, Francisco González,  louvou o traballo de Consuelo Chacón e desvelou que a vindeira semana, a artista amosará a súa obra máis recente en Francia.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 19 de mayo de 2024

Durante las primeras horas del día en Ourense habrá cielos nubosos con tormentas acompañadas de…

6 horas hace

Penúltima jornada crucial para Europa League y permanencia en Laliga EA Sports

En la próxima jornada 37 de LALIGA, que se inaugura este sábado 18 de mayo…

10 horas hace

La universidad Alfonso X el Sabio sobresale en el estudio de farmacia

El último ranking elaborado por la Fundación CyD reconoce a la Universidad Alfonso X el…

10 horas hace

Castellano refuerza su apuesta en Millenium Hospitality con 10.000 acciones

Pablo Castellano Vázquez, consejero de Millenium Hospitality desde marzo, ha reforzado su apuesta por la…

11 horas hace

TÜV SÜD alcanza por primera vez ingresos superiores a 3.000 millones de euros

TÜV SÜD ha presentado sus resultados financieros globales en 2023, reportando un incremento en los…

11 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 18 de mayo de 2024

Durante el día de hoy en Ourense se prevén cielos cubiertos con lluvia. En cuanto…

1 día hace

Esta web usa cookies.