Inicio Destacado A Deputación aproba a concesión de 300.000 euros en axudas para cooperación...

A Deputación aproba a concesión de 300.000 euros en axudas para cooperación cos concellos

Tamén aprobou as bases da convocatoria do V Premio Rodolfo Prada á xestión cultural

Acordouse ademais a adhesión á declaración institucional da FEMP con motivo do Día Internacional da Muller

Ourense, 7 de marzo de 2022.- A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá por vía telemática baixo a presidencia do vicepresidente Rosendo Fernández, aprobou a concesión de máis de 300.000 euros en axudas dentro do ámbito da cooperación cos concellos, así como tamén as bases do V Premio Rodolfo Prada á xestión cultural e a adhesión da Deputación á declaración institucional da FEMP con motivo do Día Internacional da Muller.

No capítulo de cooperación cos concellos, as axudas aprobadas foron as seguintes: 100.000 euros ao Concello de Bande para actuacións en materia de servizos sociais; 25.000 euros a favor de Castrelo de Miño para accións de dinamización rural, así como outros 22.000 euros para traballos medioambientais; 35.000 euros a Cortegada para o plan cultural de 2022; case 26.000 euros a Larouco para reparación de vías públicas e mobiliario urbano; 40.000 euros a Monterrei para o convenio do Castelo; e dúas achegas máis a Padrenda de 40.000 e 20.000 euros, respectivamente, para traballos medioambientais e limpeza de vías.

Leer más:   A Deputación patrocina a publicación da guía "Vía da Plata: Sevilla-Ourense-Santiago por el Camino Mozárabe"

Premio Rodolfo Prada

Segundo as bases do V Premio Rodolfo Prada aprobadas hoxe poderán optar a este galardón persoas profesionais ou afeccionadas, proxectos ou colectivos que se signifiquen pola xestión de iniciativas culturais e que desenvolvan a súa actividade na comunidade autónoma galega ou fóra de Galicia, pero con claras referencias nos seus contidos e obxectivos á cultura galega.

As modalidades que teñen cabida nesta convocatoria son as que se relacionan co concepto máis tradicional e tamén máis moderno da cultura: artes escénicas, plásticas, audiovisual, etnografía, letras, música, patrimonio histórico e cultural, industrias culturais e creativas, e proxección exterior da cultura galega.

O premio Rodolfo Prada inclúe tres categorías: proxectos culturais promovidos por persoas físicas, tanto profesionais como voluntarias, ou colectivos, cunha achega de 3.000, 2.000 ou 1.000 euros. O premio complétase cunha escultura ou obxecto conmemorativo realizado por artistas ourensáns de recoñecido prestixio, así como un diploma acreditativo. O prazo de presentación de candidaturas rematará o 11 de abril. A decisión do xurado farase pública nos días previos a celebración da Ourense ICC Week 2022, en cuxo transcurso celebrarse o acto de entrega dos premios.

Leer más:   Unha exposición recolle o labor da Deputación desde 1822 na saúde, termalismo, instrución pública ou cultura

Día Internacional da Muller

A Xunta de Goberno acordou ademais a adhesión da Deputación de Ourense á declaración institucional da FEMP con motivo do Día Internacional da Muller que se celebra mañá martes, 8 de marzo. Un documento no que se incide na necesidade de “salvagardar os logros conseguidos en materia de igualdade de xénero” e incidir na promoción dos mesmos “como unha prioridade en ámbitos estratéxicos co fin de acelerar o progreso cara os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorNo marco do 8 de marzo, a Deputación celebra o foro “Emprendedoras, en feminino” e edita o cómic “Mulleres en acción”
Artículo siguienteSanidade reivindica “criterios técnicos” para abordar la retirada de la mascarilla en interiores
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.