Manuel Baltar participa na homenaxe a Maricarmen Canal: “Está á altura das mulleres máis grandes da historia de Ourense”

No marco de “Emprendedoras, en feminino”, o presidente da Deputación resaltou o perfil profesional e persoal da fundadora de Aceites Abril: “É un orgullo compartir este momento contigo. Representas os valores aos que todos aspiramos: eres un referente de emprendemento e un verdadeiro exemplo a seguir”

A través de conferencias e unha mesa redonda, esta xornada organizada pola Deputación de Ourense quixo dar a coñecer a mulleres que apostaron por emprender, con especial foco no rural. “Seguimos apostando polo emprendemento en feminino coma ferramenta para a transformación social”, sinalou a deputada de Igualdade, Luz Doporto

Ourense, 8 de marzo de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou esta tarde na homenaxe a Maricarmen Canal, fundadora de Aceites Abril, no marco de “Emprendedoras, en feminino”. Na clausura deste foro, organizado pola Deputación co gallo do 8 de marzo -Día Internacional da muller traballadora- e celebrado no Centro Cultural Marcos Valcárcel, o presidente provincial sinalou que é “un orgullo compartir este momento contigo. Dicir que eres un referente é un tópico pero é a auténtica realidade: Maricarmen Canal está á altura das mulleres máis grandes da historia de Ourense”.

Manuel Baltar destacou a relevancia da traxectoria empresarial e persoal de Canal: “Os meus avós maternos tiñan unha tenda de ultramarinos en Esgos, lembro esas caixas de aceite Pérez Delgado. É un orgullo ter levantado unha empresa destas características dende Ourense, con esa pegada a nivel nacional e internacional”. O presidente provincial resaltou o perfil de Maricarmen Canal coma referente interxeneracional: “Representas os valores aos que todos aspiramos, e que forman parte deste taller. Hoxe falouse de emprendemento, que mellor exemplo de emprendedora para todos e todas. Recoñecémosche o teu liderado: eres un exemplo a seguir”. Manuel Baltar incide en que traxectorias como a de Canal ou a cardióloga Luisa Pérez -premio Olimpia Valencia en novembro do 2021-, supoñen un exemplo de “compromiso e profesionalidade. Valores que todos debemos compartir, sobre todo en momentos tan complicados como este, coas mulleres ucraínas sufrindo o drama da guerra”. Maricarmen Canal agradeceu a homenaxe desta tarde: “Eu non teño nada máis que dicir que palabras de agradecemento, a miña familia, aos meus amigos, as asociacións… Gracias por cada día”.

O presidente da Deputación aplaudiu o traballo da deputada Luz Doporto -“responsable da área de Igualdade e tamén da execución do Plan EmprendOU, que está sendo un éxito”- e apostou pola continuidade de “Emprendedoras, en feminino”: “Estes foros engrandecen a sociedade que é capaz de desenvolvelo, especialmente vendo a participación. Sinto orgullo de todos vos, sinto orgullo de ter unha compañeira de goberno (Luz Doporto) que desenrola actos como este e, por suposto, todos sentimos orgullo de Maricarmen Canal”.

A experiencia de catro emprendedoras participantes no programa EmprendOU da Deputación de Ourense

Na intervención inaugural, a deputada provincial de Igualdade e Reto Demográfico, Luz Doporto, sinalou que esta primeira edición de “Emprendedoras” contribúe a coñecer “mulleres referentes no ecosistema emprendedor que arriscaron e racharon teitos de cristal”, e agora comparten e visibilizan a súa experiencia “para que outras mulleres teñan máis confianza e inspiración”.  Aínda que o 50 % do talento é feminino, asegurou, hai menos mulleres que crean a súa propia empresa e cando se deciden a facelo atopan máis obstáculos que os homes: “Só o 14 % das fundadoras e cofundadoras de ‘startups’ son mulleres, unha fenda que significa que perdemos ese talento e a oportunidade de ter máis proxectos innovadores”. Desde a Deputación de Ourense, afirmou, “seguiremos apostando polo emprendemento feminino para a transformación social e a igualdade de oportunidades”. Neste compromiso da institución provincial enmarcou a homenaxe “a unha das emprendedoras referentes na provincia: Maricarmen Canal”, fundadora e conselleira delegada de Aceites Abril.

No primeiro relatorio da tarde, a profesora titular de Organización de Empresas da UNED, Marta Solórzano, falou do emprendemento social no ámbito rural, “un mecanismo que permite ás mulleres tomar decisións sobre a súa vida, elixir onde queren ir e empoderarse económica e socialmente”. Un xeito de loitar contra a que chamou “fuxida ilustrada cara as cidades”.

A homenaxeada nesta primeira edición de “Emprendedoras, en feminino” participou nunha mesa redonda na que tamén interviñeron a presidenta da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO), Marisol Nóvoa, e catro emprendedoras no rural: Inés Rodríguez, fundadora de Rir&Co, en Allariz; Araceli Macías, fundadora da Cooperativa Outonía, en A Veiga; Ana Álvarez, de Fabricación Cosmética Natural, en Sarreaus; e Leticia Rodríguez, arquitecta de RDL Estudio, en Ribadavia. Estas catro mulleres, que falaron da súa experiencia, participan no programa EmprendOU da Deputación de Ourense, que ofrece axudas para proxectos empresariais e de autoemprego en municipios rurais en declive demográfico. Unha iniciativa na que o 50 % dos proxectos correspóndense con mulleres emprendedoras e mozas.

No último relatorio do foro, a docente e mentora en programas de emprendemento, María García, falou das competencias máis importantes que no marco da intelixencia emocional debe ter unha persoa á hora de emprender: automotivación, proactividade e entusiasmo, que poden aprenderse e desenvolverse”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Los habitantes de Ourense enfadadísimos con el nuevo mapa de España creado por madrileños

El DiSputado y su Mapa de España: Una visión humorística que enciende a la red…

2 horas hace

Homming mostrará en SIMA 2024 sus avances en automatización de la gestión de alquileres

homming, compañía 'proptech' en la categoría del property management, presentará en el Salón Internacional Inmobiliario…

2 horas hace

LaLiga registra ingresos récord y supera a empresas del Ibex-35

LALIGA es una de las marcas más reconocibles en España, y así lo indican numerosas…

3 horas hace

Universidad Alfonso X el Sabio es la número uno en empleabilidad en farmacia según Fundación CYD

El último ranking elaborado por la Fundación CyD reconoce a la Universidad Alfonso X el…

3 horas hace

ALUCINARÁS | El mejor vídeo del meteorito no ha sido en Ourense

Este fin de semana, un impresionante meteorito cruzó los cielos de España y Portugal durante…

6 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 20 de mayo de 2024

Hoy por la mañana en Ourense se prevén más nubes que claros con lluvia. Por…

14 horas hace

Esta web usa cookies.