César Fernández, na presentación dos actos do Día Mundial da Poesía, defende o poder da palabra como “arma poderosa contra a sen razón e o totalitarismo”

O programa desenvolveranse na Insua dos Poetas, “un espazo único que se consolida como un proxecto singular e onde se mestura o medio ambiente coa promoción da nosa lingua e cultura”, destacou Fernández

Luis González Tosar, presidente da Fundación Insua dos Poetas, expresou a súa satisfacción por “retomar unha data que sempre estivo presente no calendario cultural de Ourense”

Os actos que se celebrarán o luns 21 de marzo inclúen homenaxes a Florencio Delgado, Letra Galegas 2022, e á literatura arxentina, entre outras actividades

Ourense, 16 de marzo de 2022.- O vicepresidente da Deputación, César Fernández, participou hoxe no Carballiño na presentación das actividades organizadas pola Fundación Insua dos Poetas para celebrar, o luns 21 de marzo, o Día Mundial da Poesía. Unha xornada na que tamén colaboran o Centro Pen Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a Deputación de Ourense e o Concello do Carballiño.

Precisamente no salón de plenos do concello tivo lugar a presentación do programa de actividades coa presenza, ademais de César Fernández, do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o concelleiro de Cultura carballiñés, Diego Fernández; e o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luís González Tosar.

O vicepresidente da Deputación destacou que, “unha vez máis o espazo único da Insua dos Poetas acolle un evento que lle consolida como un proxecto singular, onde se mestura o medio ambiente coa promoción da nosa lingua e cultura”. O Día Mundial da Poesía, engadiu César Fernández, “ten por obxectivo consagrar a palabra e reflexionar sobre o noso tempo, o que cobra moitísima importancia polos dramáticos feitos que estamos a vivir coa guerra en Ucraína”. Palabra, poesía e cultura, dixo, “constitúen un arma poderosa contra a sin razón e o totalitarismo”.

Luis González Tosar, como presidente da Fundación Insua dos Poetas, expresou a súa satisfacción por “retomar unha data que sempre estivo presente no calendario cultural de Ourense”, detallando as actividades programadas para a celebración do Día Mundial da Poesía. Entre elas destacou dúas homenaxes: a primeira delas a Florencio Delgado Gurriarán, ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, e a segunda á literatura iberoamericana, comezando polas Letras Arxentinas. Neste acto participarán representantes do consulado da República Arxentina en Vigo, e alumnos do IES do Castro de Vigo, que plantarán na Insua dos Poetas un ombú, árbore simbólica da Pampa. O programa tamén inclúe un espectáculo de poesía, música e danza titulado Cantares Transhumantes, a cargo de Mirian Sandoval.

Nas actividades participarán este ano os centros escolares, públicos e privados, da comarca do Carballiño: IES Nº1 e Chamoso Lamas do Carballiño, os colexios Vila do Arenteiro e Sagrado Corazón, e os CEIP Calvo Sotelo da Uceira, Maside, Boborás e O Irixo.

Está prevista ademais a presenza do presidente da Deputación, Manuel Baltar; o conselleiro de Educación, Román Rodríguez; e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, entre outras autoridades.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El Prime Day de Amazon vuelve en julio con celebración en Medinaceli

Las popularmente conocidas “fiestas de pueblo” son un imprescindible dentro de la cultura española. Así…

11 horas hace

Fundación PortAventura invierte 2,5 millones para ampliar PortAventura Dreams Village

La Fundación PortAventura ha inaugurado la ampliación de PortAventura Dreams Village, su proyecto social más…

12 horas hace

Innovación sin gluten: Grupo Gallo integra al colectivo celíaco

Han transcurrido cerca de 10 años desde que Grupo Gallo inició la producción de sus…

12 horas hace

Villas Santa Ana y Miramar entre las mejores según Financial Times

El diario británico 'Financial Times' ha hecho una selección de 5 exclusivas villas privadas que…

13 horas hace

Revolución en la educación con la primera aplicación web de inteligencia artificial

IGNITE Copilot, la innovadora aplicación web de Inteligencia Artificial (IA) para centros educativos y maestros…

13 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 16 de mayo de 2024

Para hoy por la mañana en Ourense estará muy nublado con lluvia. A medida que…

24 horas hace

Esta web usa cookies.