Inicio Destacado Deputación, Vilariño e Viana traballan para declarar a Mascarada Ibérica como Patrimonio...

Deputación, Vilariño e Viana traballan para declarar a Mascarada Ibérica como Patrimonio Inmaterial

O goberno provincial tamén reforzou o apoio económico ao Festival Internacional ViboMask Ibérica, que contará este fin de semana coa presenza de preto de 40 entroidos de España, Italia e Portugal

Ourense, 17 de marzo de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial coa alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía e o alcalde de Viana de Bolo, Andrés Montesinos. Neste encontro de traballo avanzouse na candidatura conxunta para conseguir a declaración da Mascarada Ibérica coma Patrimonio Inmaterial da Humanidade. Manuel Baltar garantiu o apoio total da Deputación de Ourense a este proxecto.

O goberno provincial reforzou o apoio económico ao Festival Internacional Vibo Mask Ibérica. Nesta VII edición participarán preto de 40 entroidos de España, Portugal e Italia. As actividades comezan mañá cunha conferencia no IES Carlos Casares de Viana de Bolo, municipio que acollerá pola noite unha foliada. O fin de semana, as actividades repartiranse entre Viana e Vilariño de Conso, con concertos, teatro, exposicións, mercado de produtos locais e artesanía.

Leer más:   La Diputación y cinco balnearios ourensanos lanzan la campaña "1.000 sesiones balnearias a 1 euro"

Mellora da OU-0908

O presidente da Deputación e os alcaldes de Vilariño de Conso e Viana de Bolo tamén abordaron nesta xuntanza a mellora da OU-0908, a estrada que une ambos municipios. O proxecto incluiría, entre outras liñas de actuación, a apertura de curvas e a mellora da pavimentación.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorMuere un hombre al caerle encima un árbol cuando cortaba leña para uso privado en Riós (Ourense)
Artículo siguienteManuel Baltar reúnese coa directiva da Asociación de Periodistas de Galicia
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.