Inicio Destacado A Deputación cooperará con Monterrei e Cualedro en actuacións enfocadas a mellorar...

A Deputación cooperará con Monterrei e Cualedro en actuacións enfocadas a mellorar os servizos aos veciños

Manuel Baltar e alcalde de Cualedro

Manuel Baltar reuniuse esta mañá no Pazo Provincial con José Luis Suárez e, posteriormente, con Luciano Rivero, comprometendo o apoio da institución provincial a varios proxectos sociais e de infraestruturas dentro da aposta da Deputación por cooperar coas administracións públicas

En Monterrei, a Deputación implicarase nun proxecto piloto de axuda a domicilio ou na reparación do firme e mellora do saneamento de diferentes núcleos de poboación. En Cualedro, na cofinanciación do proxecto da aldea modelo de Infesta ou no punto limpo

Ourense, 18 de marzo de 2022.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, reuniuse esta mañá no Pazo Provincial co alcalde de Monterrei, José Luis Suárez e, posteriormente, co alcalde de Cualedro, Luciano Rivero. Nestas dúas xuntanzas de traballo, os rexedores prantexaron ao presidente da Deputación actuacións de mellora nos seus respectivos municipios, acadando o compromiso de implicación da institución provincial dentro da aposta da Deputación por cooperar coas administracións, co obxectivo de mellorar os servizos dos veciños do rural.

Leer más:   ÚLTIMA HORA | Luto institucional en Ourense: fallece Senén Pousa a los 84 años, el último alcalde franquista orensano

En concreto, en Monterrei, a Deputación implicarase nun proxecto piloto de asistencia de axuda no fogar; na renovación do abastecemento e saneamento de Medeiros; na reparación dos firmes dos núcleos de Guimarei, Vilaza, San Cristovo, Mixós e A Magdalena, ademais da mellora do saneamento de Flariz.

En Cualedro, Manuel Baltar e Luciano Rivero acordaron o compromiso para avanzar no proxecto da aldea modelo de Infesta -en cofinanciación coa Consellería de Medio Rural-; na mellora dos accesos aos usuarios de parapente na serra do Larouco e no punto limpo para os concellos de Trasmiras, Monterrei e Cualedro -co cofinanciamento da Consellería de Medio Ambiente-.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorReunión de traballo co alcalde de Baños de Molgas
Artículo siguienteA Deputación colaborará coa asociación Olivarnoia no seu proxecto de dinamización do rural
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.