Sete mil escolares ourensáns participan na Semana Escolar da Árbore e da Auga organizada pola Deputación

No marco da celebración dos días mundiais da árbore e da auga, a institución provincial edita o conto “Alguén roubou o inverno”, escrito por Xosé A. Perozo e ilustrado por Viki Berre. Con material didáctico adaptado a Primaria, o alumnado traballará conceptos coma a seca ou o cambio climático

Ourense, 20 de marzo de 2022.- Sete mil escolares ourensáns co seu profesorado participarán na oitava edición da Semana Escolar da Árbore e da Auga, durante a semana lectiva do 21 ao 25 de marzo. A actividade está organizada pola Deputación de Ourense para celebrar os días mundiais da árbore e da auga, que teñen lugar o 21 e 22 de marzo.

Para celebrar estas efemérides, desde a Deputación editouse o conto ilustrado “Alguén roubou o inverno”, escrito por Xosé A. Perozo e ilustrado por Viki Berre, cunha historia de ficción adecuada aos cursos de Primaria. A historia está protagonizada pola Ecopanda, un grupo formado por cinco adolescentes e un robot que traballa pola conservación da natureza. A aventura desenvólvese partindo dunha visita ao encoro de Alto Lindoso en 2022, no momento en que as vilas ourensás asolagadas en Lobios emerxeron pola seca. O obxectivo é que o alumnado observe o fenómeno dos encoros e a utilización da auga para a xeración de enerxía eléctrica, así como a intervención do ser humano no hábitat á hora da súa adaptación ás necesidades de cada momento histórico. Dende aí o libro profundiza en diferentes conceptos, coma a influencia humana no fenómeno do cambio climático ou a importancia dos ameneiros nos ecosistemas naturais.

Como nas anteriores edicións da Semana Escolar da Árbore e da Auga, elaborouse un programa con propostas de traballo e editouse unha guía do profesorado con pautas para que os docentes utilicen o libro, do que cada estudante inscrito recibirá un exemplar. Para chamar a atención sobre o evento nos propios centros escolares editouse o correspondente cartel. A semana rematará coa plantación dun ameneiro en cada colexio.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 16 de mayo de 2024

Para hoy por la mañana en Ourense estará muy nublado con lluvia. A medida que…

6 horas hace

Rembrandt y Van Gogh en la muestra de Fundación Unicaja

Fundación Unicaja ha presentado en su centro cultural de Málaga la exposición ‘De Rafael a…

13 horas hace

Calladita, la película financiada con NFTs de Miguel Faus

‘Calladita’, el primer largometraje dirigido por Miguel Faus, se estrena este viernes en los cines…

14 horas hace

Más de 170 expositores en la feria del campo 4.0

La Feria del Campo 4.0, el nuevo salón dedicado a impulsar la innovación del sector…

14 horas hace

Chocomel dona más de 38.000 litros a los Bancos de Alimentos de Canarias

Chocomel, la marca de batido de chocolate de FrieslandCampina, ha realizado una donación de 38.537…

14 horas hace

Thyssen-Bornemisza y Quirónsalud con la Universidad Rey Juan Carlos descubren beneficios artísticos para la salud

Quirónsalud, la Universidad Rey Juan Carlos y el Museo Nacional Thyssen-Bornemisza, han puesto en marcha…

15 horas hace

Esta web usa cookies.