Inicio Destacado A Deputación reafirma o seu compromiso co proxecto da residencia de maiores...

A Deputación reafirma o seu compromiso co proxecto da residencia de maiores de Trasmiras

Manuel Baltar garantiu ao rexedor deste municipio, Emilio Pazos, o apoio para unha infraestrutura vital para os veciños

Na reunión celebrada no Pazo Provincial tamén cristalizou a cooperación do goberno provincial na financiación do novo cemiterio parroquial de Vilaseca

Ourense, 23 de marzo de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial co alcalde de Trasmiras, Emilio Pazos, para abordar dúas infraestruturas vencelladas ao futuro dos servizos públicos deste municipio e que son vitais para os veciños. En concreto, o rexedor trasladou ao presidente da Deputación o proxecto da residencia de maiores e do novo cemiterio parroquial de Vilaseca. Ambas iniciativas, segundo garantiu Manuel Baltar, contarán co firme apoio do goberno provincial.

Leer más:   O vicepresidente primeiro Rosendo Fernández asistiu á XXIX edición da Festa do Pan de Cea

O presidente da Deputación de Ourense reafirmou o seu compromiso para a construción da residencia de maiores de Trasmiras. Un proxecto que se reactiva despois de que, por causas alleas ao Concello e á institución provincial, non puidese arrancar o ano pasado. Emilio Pazos destaca o apoio de Manuel Baltar nunha dotación clave: “Intentaremos cofinanciar o proxecto entre Xunta, Deputación e o Concello. Pretendemos sacar un concurso de proxecto, obra e servizo, cofinaciado evidentemente co iniciativa privada”.

O goberno provincial tamén cooperará no proxecto do novo cemiterio parroquial de Vilaseca. O rexedor de Trasmiras sinala que esta é unha actuación “urxentísima”, debido á particular situación do actual camposanto -non ten espazo para ampliarse debido a estar rodeado de rúas-: “Ante esta particularidade, optamos por mercar unha parcela e recalificala para o seu uso coma cemiterio. Agora, co plan parcial e informado, faremos o proxecto de execución cos informes oportunos”. Emilio Pazos avanza que o obxectivo do goberno municipal “é poñer en paralelo a tramitación administrativa e ir facendo o trámite da financiación para executar a obra en canto teñamos luz verde. Estaríamos falando do verán”.

Leer más:   A Deputación apoia a celebración da MITEU, “unha referencia para Galicia” segundo Rosendo Fernández

- Te recomendamos -
Artículo anteriorTres detenidos sorprendidos cuando pinchaban ruedas de un camión en el Polígono de San Cibrao das Viñas (Ourense)
Artículo siguienteUn juzgado ordena seguir diligencias por las declaraciones del alcalde de Ourense sobre “una mafia policial”
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.