Inicio Destacado O Centro Cultural Marcos Valcárcel presenta unha retrospectiva do artista galego Manuel...

O Centro Cultural Marcos Valcárcel presenta unha retrospectiva do artista galego Manuel Pesqueira

Na inauguración da exposición, o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, destacou o traballo dun artista “que soubo plasmar as escenas cotiás do campo, reflectindo como poucos os oficios da Galicia rural”

A mostra do tamén coñecido como “o pintor zurdo” permanecerá aberta ata o 8 de maio e inclúe traballos nunca expostos ata agora

Ourense, 23 de marzo de 2022.- O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle desde hoxe a exposición Pesqueira. Ser, unha retrospectiva do artista galego Manuel Pesqueira (1911-1988), tamén coñecido como “o pintor zurdo”, que inclúe obras nunca expostas ata agora e mesmo con soportes pouco habituais para a pintura.

O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández; o comisario da exposición, Alberto Carton; a familiar do pintor Celsa Pesqueira e o director do centro cultural, Francisco González, inauguraron esta tarde a mostra, que permanecerá aberta ata o próximo 8 de maio.

Leer más:   O presidente da Deputación visitou as librarías situadas na rúa do Paseo polo Día do Libro

César Fernández destacou a obra dun artista “que soubo plasmar as escenas cotiás do campo galego, reflectindo como poucos desde a súa aldea pontevedresa de Lantaño os oficios da Galicia rural”. Agradeceu tamén á familia de Manuel Pesqueira, que conserva a súa obra, “a oportunidade que nos brinda para coñecer traballos aínda descoñecidos”.

Francisco González explicou a importancia desta retrospectiva sinalando que “sempre está ben mirar cara atrás”. Así, ademais de organizar exposicións con artistas e obras actuais, “no Marcos Valcárcel tamén fixámonos no pasado para contextualizar a súa influencia no presente”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorRosendo Fernández asiste á inauguración da mostra “O poder da palabra. 40 anos do Parlamento de Galicia”
Artículo siguienteA Deputación impulsará os estudos universitarios de Turismo no Campus de Ourense
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.