Inicio Destacado Manuel Baltar compromete o apoio da Deputación aos proxectos do novo alcalde...

Manuel Baltar compromete o apoio da Deputación aos proxectos do novo alcalde de Nogueira de Ramuín

O presidente recibiu no Pazo Provincial a Julio Temes, trala súa toma de posesión como rexedor o pasado xoves, asegurando que a cooperación da Deputación permitirá que a veciñanza “siga a senda de progreso que se iniciou hai décadas nun dos municipios emblemáticos da provincia”

O alcalde trasladou a Baltar as iniciativas que pretende desenvolver nesta nova etapa, relacionadas con infraestruturas, servizos, áreas de ocio e comunicacións

Ourense, 27 de marzo de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu ao alcalde de Nogueira de Ramuín, Julio Temes, na súa primeira visita institucional ao Pazo Provincial trala toma de posesión do seu cargo como rexedor, no pleno celebrado pola corporación local deste concello o pasado xoves.

Leer más:   A Deputación patrocina a XV edición do Pórtico do Paraíso, “un festival que conxuga calidade e experiencias únicas”, segundo Rosendo Fernández

Manuel Baltar e Julio Temes repasaron os proxectos máis inmediatos que o alcalde ten en carteira para esta nova etapa e para os que solicitou o apoio da Deputación. Entre eles citou a execución de traballos medioambientais no municipio; a mellora de redes de abastecemento nos lugares de Requeixo e A Cancela en Armariz; o acondicionamento dos parques infantís dos Prados e San Miguel; a humanización da travesía en San Miguel-Gundiás; a mellora de accesos a Requeixo de Loña-Virxe do Monte; e actuacións na estrada San Esteban-Loureiro.

O presidente provincial afirmou que o alcalde de Nogueira de Ramuín “contará co apoio da Deputación para desenvolver os seus proxectos”, de tal xeito que a veciñanza “siga a senda de progreso que se iniciou hai décadas nun dos municipios emblemáticos da provincia, berce dos afiadores e un dos enclaves fundamentais de Ribeira Sacra”.

Leer más:   O presidente da Deputación reúnese no Pazo Provincial co alcalde de Padrenda

Manuel Baltar destacou a experiencia de Julio Temes na xestión municipal pola súa anterior etapa como alcalde, sen deixar de agradecer o labor desenvolvido nestes anos anteriores polo anterior rexedor, César Parente.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación de Ourense, distinguida pola Federación Española de Remo co premio ao mellor patrocinador
Artículo siguienteUn incendio calcina por completo una planta de una casa en Esgos (Ourense)
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.