A Deputación entregará os premios do concurso Estatuto de Autonomía de Galicia o 6 de abril, no Teatro Principal

O xurado decidiu os gañadores deste concurso para escolares, co que a institución provincial quere conmemorar a aprobación do Estatuto de Autonomía e contribuír á difusión do seu contido entre o alumnado ourensán

Foron seleccionados 40 traballos dos case 400 presentados entre as modalidades de debuxo e redacción de centros de toda a provincia

Ourense, 31 de marzo de 2022.- A Deputación entregará as distincións da novena edición do Premio Estatuto de Autonomía de Galicia no mediodía do mércores 6 de abril, no Teatro Principal. A institución provincial informou esta mañá aos gañadores das diferentes categorías despois de que o xurado, presidido polo vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández, deliberase onte na sala de xuntas do Pazo Provincial, seleccionando a un total de 40 traballos dos case 400 presentados entre as modalidades de debuxo e redacción.

Os alumnos premiados pertencen aos centros CEE O Pino, CEIP de Sandiás, CPR María Inmaculada de Verín, CPR Padre Feijóo Zorelle, CPR Sagrado Corazón de Carballiño, CPR Plurilingüe La Purísima, CPR Miraflores e Divina Pastora Franciscanas.

Conmemorar o Estatuto de Autonomía e difundir o seu significado entre os escolares

A novena edición deste premio anual ten como lema “As competencias exclusivas de Galicia nas augas minerais e termais (Ourense a provincia termal)”. Con esta convocatoria, a Deputación quere conmemorar a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia e contribuír á difusión e coñecemento do seu contido e significado entre a poboación escolar.

Do mesmo xeito que en edicións anteriores, puideron participar neste certame estudantes de infantil, primaria, educación especial e ensinos secundarios obrigatorios, así como de bacharelato e ciclo medio de FP, de centros de ensino en xeral -tanto públicos como concertados ou privados- da provincia de Ourense. As modalidades do concurso foron dúas; o alumnado de educación infantil, primaria e educación especial presentaron debuxos e traballos artísticos; mentres que o resto concursaron cunha redacción en galego sobre o Estatuto de Autonomía cunha extensión mínima de 7 folios e máxima de 12.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 17 de mayo de 2024

En las primeras horas del día en Ourense se prevén cielos cubiertos con tormentas acompañadas…

6 horas hace

El Prime Day de Amazon vuelve en julio con celebración en Medinaceli

Las popularmente conocidas “fiestas de pueblo” son un imprescindible dentro de la cultura española. Así…

18 horas hace

Fundación PortAventura invierte 2,5 millones para ampliar PortAventura Dreams Village

La Fundación PortAventura ha inaugurado la ampliación de PortAventura Dreams Village, su proyecto social más…

18 horas hace

Innovación sin gluten: Grupo Gallo integra al colectivo celíaco

Han transcurrido cerca de 10 años desde que Grupo Gallo inició la producción de sus…

19 horas hace

Villas Santa Ana y Miramar entre las mejores según Financial Times

El diario británico 'Financial Times' ha hecho una selección de 5 exclusivas villas privadas que…

19 horas hace

Revolución en la educación con la primera aplicación web de inteligencia artificial

IGNITE Copilot, la innovadora aplicación web de Inteligencia Artificial (IA) para centros educativos y maestros…

20 horas hace

Esta web usa cookies.