Un itinerario fotográfico aposta por poñer en valor o curso transfronteirizo do río Limia

A iniciativa está impulsada pola Deputación dentro do proxecto Fronteira Esquecida, que pretende potenciar os recursos naturais e culturais do río para desenrolar unha estrutura de xestión e promoción conxunta da zona

Os visitantes poderán tomar fotografías en dezaséis puntos da provincia de alto interese paisaxístico, co nexo común do río Limia

Ourense, 1 de abril de 2022.- Dentro das actividades do proxecto Fronteira Esquecida, cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa INTERREG V A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, a Deputación de Ourense creou un itinerario fotográfico transfronteirizo polos concellos que atravesa o río Limia, no cal se sinalaron por profesionais da fotografía uns puntos de referencia, colocándose neles uns soportes selfi para dar a posibilidade ós visitantes de tomar -ca súa cámara ou teléfono móbil- instantáneas dun nivel paisaxístico elevado.

O Itinerario percorre os once concellos bañados polo río Limia na zona galega, e baseouse no traballo de campo realizado por fotógrafos profesionais ourensáns que documentaron con varias fotografías de cada municipio aqueles puntos de interese fotográfico relacionados co río. Seleccionáronse un total de dezaseis puntos de alto interese paisaxístico onde o río actúa como nexo.

En sete destas localizacións instalouse un soporte selfi, que permitirán ao visitante sacarse fotografías co seu teléfono móbil ou cámara con total liberdade. Este pequeno poste metálico constitúe unha novidade pola súa aplicación na comunicación turística, útil para compartir as fotografías e autorretratos nas redes sociais. Os puntos onde se atopan estes soportes son o miradoiro do Xurés (Bande); a área recreativa do complexo do Corgo (Muíños); o miradoiro de Farnadeiros (Muíños); o miradoiro do Viso (Lobeira); o miradoiro de Piteira (Lobios); o miradoiro do Carballón (Lobios) e o miradoiro do Pedreiriño (Entrimo).

Potenciar os recursos naturais e culturais do río Limia – Lima

A Deputación é beneficiaria principal do proxecto Fronteira Esquecida, cuxo obxectivo principal é potenciar os recursos naturais e culturais do río Limia-Lima e a súa contorna, e en base a iso crear e desenvolver unha estrutura de xestión e promoción conxunta que potencie o aproveitamento turístico da zona.

Nesta iniciativa, o mapa-folleto pode descargarse na páxina web do proxecto Fronteira Esquecida: https://fronteiraesquecida.eu/. Así mesmo, como complemento, proximamente realizarase unha exposición fotográfica transfronteiriza coas mellores fotografías do territorio que baña o río Limia-Lima, desde o seu nacemento no Monte Talariño (Sarreaus) ata a súa desembocadura en Viana do Castelo, realizadas por profesionais ourensáns -Paco Rocha, Rosa Veiga e Miguel Souto- e portugueses, a cal terá lugar entre o 2 e o 17 de Maio no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Rembrandt y Van Gogh en la muestra de Fundación Unicaja

Fundación Unicaja ha presentado en su centro cultural de Málaga la exposición ‘De Rafael a…

2 horas hace

Calladita, la película financiada con NFTs de Miguel Faus

‘Calladita’, el primer largometraje dirigido por Miguel Faus, se estrena este viernes en los cines…

2 horas hace

Más de 170 expositores en la feria del campo 4.0

La Feria del Campo 4.0, el nuevo salón dedicado a impulsar la innovación del sector…

3 horas hace

Chocomel dona más de 38.000 litros a los Bancos de Alimentos de Canarias

Chocomel, la marca de batido de chocolate de FrieslandCampina, ha realizado una donación de 38.537…

3 horas hace

Thyssen-Bornemisza y Quirónsalud con la Universidad Rey Juan Carlos descubren beneficios artísticos para la salud

Quirónsalud, la Universidad Rey Juan Carlos y el Museo Nacional Thyssen-Bornemisza, han puesto en marcha…

4 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 15 de mayo de 2024

Para hoy en Ourense estará muy nublado con lluvia. En relación a las temperaturas, estas…

19 horas hace

Esta web usa cookies.