Deputación e Concello de Coles avanzan novos proxectos de cooperación para “prestar os mellores servizos públicos aos veciños”

Manuel Baltar visitou co alcalde, Manuel Rodríguez, e a tenente de alcalde, Susana Rodríguez, o campo de fútbol de Albán, con herba artificial instalada grazas as achegas do goberno municipal e provincial

O presidente da Deputación remarca a importancia da colaboración entre administracións e avanza o apoio para mellorar a escola de hípica municipal

O alcalde de Coles agradeceu a cooperación, “tanto neste campo de herba artificial como noutros eidos importantes, nun traballo que seguirá no futuro”

Coles, 8 de abril de 2022.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar visitou o concello de Coles, onde tivo un encontro de traballo co alcalde, Manuel Rodríguez e a tenente de alcalde, Susana Rodríguez, para abordar varias liñas de traballo abertas entre ambas institucións para mellorar infraestruturas e servizos públicos dos veciños deste municipio.

Despois de reunirse na Casa do Concello, Manuel Baltar, Manuel Rodríguez e Susana Rodríguez visitaron o campo de fútbol de Albán, cun novo céspede artificial instalado grazas as achegas do goberno municipal e provincial. “Unha obra importante para estar á altura da práctica deportiva neste municipio, cunha longa tradición futbolística”, sinalou o presidente da institución provincial, que remarcou a importancia desta colaboración e avanzou novos proxectos: “Vimos cooperando en varios aspectos, non so en materia de infraestruturas. De feito, na próxima modificación de crédito sumamos unha partida para melloras na escola de hípica municipal. E así, da man, seguiremos prestando os mellores servizos públicos”.

O alcalde de Coles, Manuel Rodríguez, recoñeceu a cooperación do goberno provincial: “Queremos agradecer a colaboración da Deputación e do seu presidente, Manuel Baltar. Tanto na consecución deste campo de herba artificial -que era moi necesario- como noutros eidos como vías públicas, a escola de hípica… nun traballo que, seguro, seguirá no futuro”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 1 de mayo de 2024

Para el día de hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia. En cuanto…

4 horas hace

La Premier League imita a LaLiga e implementa control económico tras años de funcionar a pérdidas

La Premier League ha votado a favor de establecer reglas de control económico que toparán…

16 horas hace

El olivar se erige como un atractivo clave para el turismo rural en toda España

El atractivo paisajístico de los olivares en España ha convertido a sus pueblos en un…

17 horas hace

El rol crucial del auditor en los procesos de reestructuración empresarial

Tras un año y medio en vigor, la nueva ley concursal se vislumbra más adecuada…

18 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 30 de abril de 2024

En las primeras horas del día en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia. Por…

1 día hace

El campus de Cesur en Madrid: un gigante de la formación profesional en España

Cesur, referente en Formación Profesional en España, anunció este lunes la inauguración de Cesur Campus,…

2 días hace

Esta web usa cookies.