Ourense convértese en pioneira na preparación de intérpretes afeccionados coas I Xornadas formativas de Teatro Amador Galego

Co patrocinio da Deputación, esta iniciativa mestura a aprendizaxe con actores, actrices e directores profesionais e o coñecemento da provincia con visitas a destacados enclaves patrimoniais

Na presentación do programa, o vicepresidente segundo César Fernández  agradeceu e celebración de actividades deste tipo en tanto “permiten pulsar o movemento cultural nunha provincia onde o teatro é referencia”

Os organizadores destacan a “excelente acollida” que tivo unha proposta para “convivir, intercambiar experiencias, opinións, necesidades e para saber que non estamos sós”, cubríndose as cincuenta prazas dispoñibles con inscricións de toda Galicia, Asturias, Cantabria e ata Estremadura

Ourense, 12 de abril de 2022.- Ourense converterase do 14 ao 17 de abril en pioneira na preparación de intérpretes afeccionados coa celebración das I Xornadas Formativas do Teatro Amador Galego, organizadas pola Federación Teatral Afeccionada de Galicia (Feteagal) e co patrocinio da Deputación. Unha iniciativa con medio cento de inscritos e na que se mestura a aprendizaxe con actores, actrices e directores profesionais máis o coñecemento da provincia con visitas a destacados enclaves patrimoniais. O programa foi presentado esta mañá no Pazo Provincial coa presenza do vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández; o presidente de Feteagal, David Vázquez; e a subdirectora das xornadas, Manuela Casal.

A combinación da formación co coñecemento da provincia foi un dos aspectos destacados por César Fernández, que felicitou aos organizadores das xornadas “por unha iniciativa que, ademais, xurde impulsada por ourensáns, polo que a Deputación tiña que estar tamén presente como patrocinadora”. O vicepresidente segundo agradeceu e celebración de actividades deste tipo en tanto “permiten pulsar o movemento cultural nunha provincia onde o teatro é referencia”, citando neste contexto a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia ou o Festival de Teatro Galego do Carballiño (Fetega).

David Vázquez agradeceu pola súa banda a colaboración da Deputación para levar a cabo unha actividade que, segundo explicou, “nace con vocación de continuidade e logo da fundación, o pasado ano, de Feteagal”.  Subliñou tamén a “excelente acollida” que tivo esta proposta, pois se cubriron as cincuenta prazas dispoñibles con inscricións de toda Galicia, Asturias, Cantabria e ata Estremadura.

“Os próximos catro días van ser unha gran oportunidade para convivir, intercambiar experiencias, opinións, necesidades e para saber que non estamos sós”, destacou Manuela Casal explicando ao mesmo tempo as razóns que lles levaron a constituír a federación. Ademais, puxo en valor aos “amadores que levan o teatro a todos os recunchos da provincia, grazas tamén á rede de auditorios da Deputación”.

Actores, actrices e directores no equipo docente

As I Xornadas Formativas do Teatro Amador Galego comezarán o día 14 no Centro Cultural Marcos Valcárcel, para continuar despois en San Cristovo de Cea e Vilamarín, rematando o domingo 17 no Liceo de Ourense. Nesta primeira edición o equipo de formadores estará integrado pola actriz e docente da Real Escola Superior de Arte Dramático de Madrid, Mariana Carballal; o intérprete e colaborador do programa da TVG Land Rover, Miguel Canalejo; a responsable da Aula de Teatro de Ribadavia, Rosa Puga; e o dramaturgo Afonso Becerra.

O alumnado poderá combinar a formación con visitas ao casco histórico e monumentos da capital, ao mosteiro de Oseira, o museo etnográfico Olimpio Liste, e á Ribeira Sacra, concluíndo a actividade coa asistencia á obra Neve en Outono, que porá en escena no Liceo o grupo THE-Sastre Teatro.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 15 de mayo de 2024

Para hoy en Ourense estará muy nublado con lluvia. En relación a las temperaturas, estas…

10 horas hace

Tendencias en moda nupcial, alta joyería y gastronomía: personalización y exclusividad al alza

El sector nupcial en España goza de buena salud y, prueba de ello, es que…

22 horas hace

LaLiga gana batalla legal por ElClásico contra Barça y Real Madrid

Real Madrid y Barça vuelven a tropezar en los tribunales en su lucha legal contra…

24 horas hace

Faltan 100 días para que comience la Louis Vuitton 37ª America’s Cup en Barcelona

Restan cien días para que comience la Louis Vuitton 37ª America's Cup. Los seis equipos…

1 día hace

Estos son los vecinos de Ourense que serán reclutados en caso de que España entre en guerra

En un panorama donde la amenaza de guerra se siente más cercana en Europa, España…

1 día hace

Los 5 trucos que harán que evites los niveles máximos de alergia en Ourense

Se disparan las alergias en Ourense: alerta por niveles máximos de polen A estas alturas…

1 día hace

Esta web usa cookies.