A Deputación colabora co Concello de Vilar de Barrio na adquisición de maquinaria para a loita contra incendios forestais

Manuel Baltar realizou esta mañá unha visita ao concello, onde mantivo unha xuntanza co rexedor, Manuel Conde, e membros da corporación municipal

O presidente da Deputación explicou que na modificación de crédito que se presentará ao pleno de abril figura unha partida para adquirir tractores de roza, na que está incluída Vilar de Barrio, dentro do convenio pioneiro da institución provincial coa Xunta de Galicia na prevención de lumes

“Seguimos traballando para que Ourense sexa unha provincia máis grande”, afirmou Baltar, destacando os proxectos nos que xa están a traballar Deputación e Concello

Manuel Conde afirmou que “os concellos máis pequenos non poderíamos afrontar o noso desenvolvemento sen a axuda económica de entes tamén locais como a Deputación”. Agradeceu a Baltar que “se ofreza como interlocutor con outras administracións para poñer a Vilar de Barrio no mapa”

Vilar de Barrio, 18 de abril de 2022.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitou esta mañá Vilar de Barrio onde na compaña do alcalde, Manuel Conde, analizou as liñas de colaboración abertas entre a institución provincial e o Concello en materia de infraestruturas viarias, medio ambiente -coa posta en valor da Serra de San Mamede- e accións culturais. Na casa consistorial, onde se celebrou unha xuntanza á que tamén acudiron membros da corporación, Manuel Baltar anunciou unha nova vía de cooperación desta volta no ámbito da prevención de incendios forestais.

O presidente da Deputación avanzou que na modificación de créditos que se presentará ao pleno da corporación provincial de abril figura unha partida para a adquisición de 12 tractores de roza, en colaboración coa Xunta, destinados á loita contra os lumes en 12 municipios da provincia. Un capítulo no que estará incluído o Concello de Vilar de Barrio, que poderá así contar con maquinaria propia para estes labores de prevención dentro do acordo pioneiro -único en Galicia- entre a institución provincial e a Consellería de Medio Rural neste eido.

“Seguimos traballando para que Ourense sexa unha provincia máis grande”, afirmou Manuel Baltar, que ademais de destacar os proxectos nos que xa están a traballar Deputación e Concello tamén quixo poñer en valor o cofinanciamento doutras iniciativas con outras administracións, como é o caso da Xunta.

Manuel Conde agradeceu pola súa banda a visita de Manuel Baltar, engadindo que “os concellos máis pequenos non poderíamos afrontar o noso desenvolvemento sen a axuda económica de entes tamén locais como a Deputación”. O rexedor tamén lle agradeceu a Baltar que “se ofreza como interlocutor con outras administracións para poñer a Vilar de Barrio no mapa, un interese común e colectivo do que estou orgulloso”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Superioridad en alta complejidad: la Fundación Jiménez Díaz elegida la mejor en Madrid

El compromiso, dedicación y humanidad de los profesionales de la Fundación Jiménez Díaz y su…

8 mins hace

El tiempo para hoy en Ourense, 6 de mayo de 2024

Hoy a primera hora en Ourense se prevén más nubes que claros. Por la tarde…

10 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 5 de mayo de 2024

En el día de hoy en Ourense habrá más nubes que claros con lluvia. En…

1 día hace

El tiempo para hoy en Ourense, 4 de mayo de 2024

Para hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia. Las temperaturas oscilarán entre una…

2 días hace

La necesidad de una transición energética equitativa resalta en el encuentro de Riad

Riad fue el epicentro del diálogo mundial al albergar el Foro Económico Mundial (WEF), bajo…

3 días hace

Durante más de un año, el 61% de los mayores de 55 años sin encontrar trabajo

En el primer trimestre de 2024, casi un 54% de la población activa de más…

3 días hace

Esta web usa cookies.