Presentada a novela gañadora do premio Blanco-Amor 2021: “Aquí comeza o mar”, de Blanca Riestra

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, expresou a súa satisfacción por completar a edición número corenta dun premio “cuxa organización asumiu a Deputación de Ourense para conservar e manter viva a figura de Blanco-Amor”

O presidente de Galaxia, Antón Vidal agradeceu á escritora coruñesa a elección da editorial para publicar unha novela que a propia autora definiu como unha “reflexión propia sobre a evolución dunha xeración, do meu entorno, tamén de xénero, dun país e dunha lingua que é un luxo e un privilexio”

Luis González Tosar, presidente da Fundación Blanco-Amor, presentou o libro Taracea Marroquí, que rescata a produción xornalística do escritor ourensán durante unha viaxe a Marrocos en 1935.

Ourense, 19 de abril de 2022.- A obra gañadora do XL Premio de novela Eduardo Blanco-Amor, Aquí comeza o mar, da escritora coruñesa Blanca Riestra, xa está nas librarías. O libro, publicado pola Editorial Galaxia, foi presentado esta mañá na Deputación de Ourense coa presenza do vicepresidente segundo da institución, César Fernández; o presidente da Fundación Eduardo Blanco-Amor, Luis González Tosar; o presidente da editorial, Antón Vidal; e maila propia autora. No acto presentouse tamén o libro Taracea Marroquí, que rescata a produción xornalística do escritor ourensán durante unha viaxe a Marrocos en 1935.

César Fernández, que augurou a Blanca Riestra un éxito editorial, expresou a súa satisfacción por completar a edición número corenta dun premio “cuxa organización asumiu a Deputación de Ourense para conservar e manter viva a figura de Blanco-Amor”. Un labor ao que se engadiu, lembrou, “a iniciativa de constituír a fundación”, anunciando que a Deputación convocará en breves datas o galardón de 2022 coa aprobación e publicación das bases.

Antón Vidal tivo palabras de agradecemento para a Deputación por manter este galardón, para a Fundación Eduardo Blanco-Amor por facilitar a incorporación de Galaxia ao padroado, e tamén para a escritora por elixir a editorial para publicar o seu libro, “pois tal e como indican as bases do premio, a edición da novela gañadora queda en mans do autor”.

Blanca Riestra recoñeceu que o premio foi “unha sorpresa e unha honra enorme como admiradora de Blanco-Amor e como o premio máis prestixioso de novela en lingua galega”. Definiu o seu libro como unha “reflexión propia sobre a evolución dunha xeración, do meu entorno, tamén de xénero, dun país e dunha lingua que é un luxo e un privilexio”.

Aquí empeza o mar retrata á cidade da Coruña na década dos anos oitenta a través dunha crónica da súa sociedade, marcada por unha serie de personaxes como o que fora alcalde da capital, Francisco Vázquez, e movementos como o intento de creación dunha cidade-estado ou a loita por converterse na capitalidade de Galicia.

Luis González Tosar quixo destacar a elección “por unanimidade do xurado” da obra gañadora do XL Premio de novela Eduardo Blanco-Amor, o galardón máis veterano e de maior prestixio da novela en lingua galega, organizado pola Deputación de Ourense en colaboración coa Fundación Eduardo Blanco-Amor e dotado cun premio de 15.000 euros.

Recolleita de crónicas xornalísticas desde Marrocos

Tosar foi o encargado de presentar un segundo libro, Taracea Marroquí, que rescata a produción xornalística de Blanco-Amor. Trátase dunha recolleita de “oito deliciosas crónicas cunha prosa brillantísima” escritas para El Pueblo Gallego con motivo da viaxe que en 1935 realizou a varias cidades do norte de Marrocos, “reflectindo a realidade social e política do entón protectorado español e francés”. O libro reproduce ademais preto de trinta imaxes tomadas polo xornalista, algunhas aínda inéditas.

Ademais do apoio da Deputación, Tosar destacou que este libro “é froito da colaboración entre a Fundación e maila Editorial Galaxia”, propietaria dos dereitos de autor de Blanco-Amor “e encantada a promover esta nova colección de xornalismo e fotografía”, apuntou Antón Vidal.

Reunión do padroado da Fundación

Trala presentación dos libros e tamén no Pazo Provincial reuniuse o padroado da Fundación, na que se estudou a posibilidade de establecer senllos convenios de colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade e maila Editorial Galaxia para seguir traballando na difusión da obra e a figura do escritor ourensán.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 16 de mayo de 2024

Para hoy por la mañana en Ourense estará muy nublado con lluvia. A medida que…

7 horas hace

Rembrandt y Van Gogh en la muestra de Fundación Unicaja

Fundación Unicaja ha presentado en su centro cultural de Málaga la exposición ‘De Rafael a…

14 horas hace

Calladita, la película financiada con NFTs de Miguel Faus

‘Calladita’, el primer largometraje dirigido por Miguel Faus, se estrena este viernes en los cines…

15 horas hace

Más de 170 expositores en la feria del campo 4.0

La Feria del Campo 4.0, el nuevo salón dedicado a impulsar la innovación del sector…

15 horas hace

Chocomel dona más de 38.000 litros a los Bancos de Alimentos de Canarias

Chocomel, la marca de batido de chocolate de FrieslandCampina, ha realizado una donación de 38.537…

16 horas hace

Thyssen-Bornemisza y Quirónsalud con la Universidad Rey Juan Carlos descubren beneficios artísticos para la salud

Quirónsalud, la Universidad Rey Juan Carlos y el Museo Nacional Thyssen-Bornemisza, han puesto en marcha…

16 horas hace

Esta web usa cookies.