A Deputación colaborará no proxecto poético creado por Antonino Nieto para “afondar no irmandamento” de Monterrei e a cidade mexicana de Monterrey

O espectáculo multidisciplinar “Juraron volver las rosas” celebrará a súa primeira edición en xullo de 2023 no castelo de Monterrei, cunha ampla programación de danza, poesía, música, teatro…

Ourense, 24 de abril de 2022.- A Deputación de Ourense colaborará no proxecto “Juraron volver las rosas”, creado e dirixido polo poeta verinense Antonino Nieto Rodríguez co obxectivo de afondar no irmandamento de Monterrei e a cidade mexicana de Monterrey. Un obxectivo de comuñón exposto a través dunha “enorme celebración da vida, do amor, do mellor que albergamos en nós mesmos”, segundo explica o propio poeta, que sitúa a “arte e a creación” como “o fío condutor desta nova tradición” con epicentro no castelo de Monterrei e que celebraría a súa primeira edición o penúltimo fin de semana de xullo de 2023.

Este espectáculo, “ritual e poético”, nace “con vocación de nova tradición anual ou bianual”, sinala Antonino Nieto, que reuniuse esta semana no Pazo Provincial con Manuel Baltar nun encontro no que tamén estivo presente o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, e Juan Manuel Jiménez Morán. A programación de “Juraron volver las rosas” abarcará tres días, con “grandes artistas internacionais dando corpo e alma a este reencontro con vocación de feliz celebración” para situar a Monterrei como “berce e luz do novo e o imperecedoiro”.

Variada programación

O deseño da programación ten un pe en Ourense e outro en México, para profundar nos lazos históricos entre Monterrei e Monterrey -o fundador desta cidade mexicana, Diego de Montemayor, nomeouna deste xeito en lembranza do ourensán Gaspar de Zúñiga, V conde de Monterrei-. Deste xeito, a dobre motivación de Antonino Nieto para este festival, como creador e director, abarca unha feira de produtos, humoristas, gastronomía, danza… sempre mirando á vez a Galicia e a México.

Unha aposta pola arte

O festival multidisciplinar ten, ademais da mestizaxe, unha aposta polo multidisciplinar. O fin de semana do evento quedaría dividido en tres xornadas/partes -“De lo invisible, la luz”, “De la respiración, el alma” e Nada cuesta celebrar a vida”-. Poesía, espectáculo, maxia, danza, teatro, cine, música, ópera, fogos artificiais, fotografría, moda… Antonino Nieto concibe “Juraron volver las rosas” coma unha gran celebración cultural, na que habería espazo para o “estreo mundial dunha coreografía nun extraordinario espectáculo a partir de grandes obras da lírica -en 2023 sería ‘Carmina Burana”, o estreo dun poema sinfónico a partir dun autor galego -en 2023 sería o cántico “Juraron volver las rosas”- ou o festival Clónicos Descapotables, deseñado para detectar novos valores do jazz, cantareiras ou a canción de autor. Todo a través do simbolismo -como un gran corazón ou os “cicerones” do festival, personaxes que responden á chamada de “Nacidos contra la muerte”-  e as metáforas, reflexionando acerca de conceptos como o paso do tempo, a morte e, sobre todo, a celebración da vida.

Poeta, creador de espectáculos e video instalacións

Antonino Nieto Rodríguez (Verín, 1955) ten unha longa traxectoria na literatura, con poemarios publicados como “Dibujas ausente”, “La voz del escorpión” ou “Toda la carne y el infinito”. Ademais, Nieto transcende este soporte coa creación de festivais e espectáculos -como “Lluvía como risa furiosa”-, video instalacións ou video performances como “Primera hoguera para el arte. Noche de San Juan” (1991), pertencente á colección do Museo Nacional Reina Sofía.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 4 de mayo de 2024

Para hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia. Las temperaturas oscilarán entre una…

17 horas hace

La necesidad de una transición energética equitativa resalta en el encuentro de Riad

Riad fue el epicentro del diálogo mundial al albergar el Foro Económico Mundial (WEF), bajo…

1 día hace

Durante más de un año, el 61% de los mayores de 55 años sin encontrar trabajo

En el primer trimestre de 2024, casi un 54% de la población activa de más…

1 día hace

El grupo italiano Comelit compra Ingenium S.a. para fortalecer su mercado de domótica

El grupo italiano Comelit ha firmado la adquisición del 98% del capital social de Ingenium…

1 día hace

Innovación y lujo en los cinco hoteles españoles elegidos a nivel mundial

'Condé Nast Traveler' ha publicado su 'Hot List' anual con los mejores hoteles del mundo…

1 día hace

La policía de Suiza detiene a un hombre buscado por agredir con un arma blanca a un policía de Ourense y por tráfico de drogas

OURENSE, 3 (EUROPA PRESS) Un hombre que permanecía en busca y captura por tentativa de…

1 día hace

Esta web usa cookies.