Máis de 200 ciclistas aficionados participarán este domingo no Campeonato de la Península Ibérica

A proba, que ten aberta a inscrición para maiores de 16 anos, arrancará en Vistahermosa e chegará ao Mon de Deu tras un recorrido de 72 quilómetros

Ourense, 25 de abril de 2022.- As estradas da provincia acollerán este domingo, 1 de maio, o Campeonato de la Península Ibérica 2022, unha proba ciclista open organizada pola Fundación ADO Moure ProDeporte co apoio da Deputación de Ourense e o Consello Municipal de Deportes.

A proba foi presentada esta mañá na sala de prensa da Deputación por parte do vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández; o presidente da Fundación ADO Moure Pro Deporte, Carlos Moure; o coordinador de deporte escolar da Xunta en Ourense, Carlos Bericat; o presidente do Consello Municipal de Deportes, Mario Guede e Jorge Villarino por parte de La Región, patrocinadora desta proba xunto a Aceites Abril, Bermello, Cosaga ou Centro Médico El Carmen.

Entre as novidades deste ano destaca a volta á tradicional ruta que parte dende Vistahermosa (10,55 horas) para voltar, tras 72 quilómetros pola comarca do Ribeiro, no alto do Mon de Deu, nunha chegada prevista ás 12,40 horas. Segundo explican dende a organización, “púxose un interese especial por deseñar un recorrido bonito e espectacular para o deporte, ao mesmo tempo que permite desfrutar do Ribeiro, unha comarca cunha notable proxección turística”.

A proba, open e non federada, está aberta para calquera persoa maior de 16 anos en categorías masculinas e femininas cadete, junior, senior e máster (30, 40, 50 e 60). Dende a organización estiman acadar os 230 participantes e detallan que subirán ao podio os treis primeiros clasificados de cada unha das dez categorías, recibindo un diploma e unha medalla, e o gañador un maillot conmemorativo.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 5 de mayo de 2024

En el día de hoy en Ourense habrá más nubes que claros con lluvia. En…

6 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 4 de mayo de 2024

Para hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia. Las temperaturas oscilarán entre una…

1 día hace

La necesidad de una transición energética equitativa resalta en el encuentro de Riad

Riad fue el epicentro del diálogo mundial al albergar el Foro Económico Mundial (WEF), bajo…

2 días hace

Durante más de un año, el 61% de los mayores de 55 años sin encontrar trabajo

En el primer trimestre de 2024, casi un 54% de la población activa de más…

2 días hace

El grupo italiano Comelit compra Ingenium S.a. para fortalecer su mercado de domótica

El grupo italiano Comelit ha firmado la adquisición del 98% del capital social de Ingenium…

2 días hace

Innovación y lujo en los cinco hoteles españoles elegidos a nivel mundial

'Condé Nast Traveler' ha publicado su 'Hot List' anual con los mejores hoteles del mundo…

2 días hace

Esta web usa cookies.