Na competición participan 15 clubes de 10 federacións autonómicas, cun total de 150 ximnastas en categoría junior e senior
Ourense, 29 de abril de 2022.- O Pazo dos Deportes Paco Paz acolle este fin de semana a XII Copa Galicia de Ximnasia en Trampolín 2022. Unha competición na que participarán 15 clubes de 10 federacións autonómicas, cun total de 150 ximnastas, 20 adestradores e 12 xuíces para competir en categorías junior e senior nas modalidades de dobleminitramp, tumbling, trampolín individual e trampolín sincronizado.
A competición, que conta co apoio da Deputación de Ourense, o Consello Municipal de Deportes e a Secretaría Xeral para o Deporte, foi presentada no salón de prensa da institución provincial, coa presenza do vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández; o xefe territorial de Deportes da Xunta, Manuel Pérez; o presidente da Federación Galega de Ximnasia, José Manuel Estévez e a secretaria xeral da Federación Galega de Ximnasia, Cristina Sánchez.
Na competición daranse cita, segundo a organización, varias ximnastas en seguimento por parte da Real Federación Española de Ximnasia para deseñar o equipo que participará no Campionato de Europa, que tendrá lugar en xuño en Rímini (Italia).
Esta tarde desenrolaranse os adestramentos oficiais, e mañá e o domingo, sábado 30 de abril e domingo 1 de maio, celebraranse a competición, con acceso gratuíto ao Pazo dos Deportes.
El valor medio de un club que disputa LALIGA EA SPORTS asciende, según datos del…
Según una investigación, China podría estar utilizando empresas tecnológicas para recolectar datos de usuarios en…
El compromiso, dedicación y humanidad de los profesionales de la Fundación Jiménez Díaz y su…
Hoy a primera hora en Ourense se prevén más nubes que claros. Por la tarde…
En el día de hoy en Ourense habrá más nubes que claros con lluvia. En…
Para hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia. Las temperaturas oscilarán entre una…
Esta web usa cookies.