Inicio Destacado A Deputación instalará novas mesas e bancos de granito na área recreativa...

A Deputación instalará novas mesas e bancos de granito na área recreativa da Veronza, en Ribadavia

A actuación renovará completamente o actual mobiliario, de madeira, cun investimento de 14.060 euros

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, resalta que as novas mesas e bancos “garantirán a resistencia as inclemencias meteorolóxicas e mellorarán a imaxe deste fermoso entorno”

Ribadavia, 4 de maio de 2022.- A Deputación de Ourense ven de licitar un contrato para a compra e colocación de sete mesas de granito cos seus respectivos bancos na área recreativa da Veronza, no concello de Ribadavia. A actuación, coa que se substituirá por completo o actual equipamento de madeira, suporá un investimento de 14.060 euros por parte do goberno provincial e a execución das obras será dun mes.

O vicepresidente segundo da Deputación, Cesar Fernández, visitou esta mañá a zona da Veronza onde se acometerán estes traballos, acompañado polos técnicos da administración provincial Eva María Barrio e Manel Rodríguez. “A renovación completa do mobiliario desta zona garante a súa resistencia ás inclemencias meteorolóxicas, mellorando a imaxe e a conservación deste fermoso entorno á beira do río Avia”, sinalou César Fernández.

Leer más:   ¡Vigo tiene competencia!: el pueblo gallego que ensombrece a las luces de Navidad viguesas

Esta actuación encáixase dentro do convenio de colaboración asinado en 2003 pola Deputación de Ourense e a Confederación Hidrográfica do Norte -hoxe Miño-Sil- para as obras de desenrolo de acondicionamento da marxe dereita do Avia, a través do cal apostábase pola recuperación deste entorno natural. Neste marco de cooperación entre a Deputación e o organismo de cuenca, a administración provincial adquiriu o compromiso da conservación, mantemento e limpeza das obras neste espazo. Un compromiso no que a Deputación leva traballando dende entón, incorporando mobiliario urbano ou sinalización, e que se reforza agora coa instalación destas novas mesas de pedra -2,70 metros de largo e 0,90 metros de ancho- e bancos -2,70 metros de largo e 0,35 de ancho-.

Leer más:   O presidente da Deputación reúnese coa directiva do Ourense CF

- Te recomendamos -
Artículo anteriorCondenado a ocho de cárcel un hombre de 24 años por mantener relaciones sexuales con una menor de 14 en Ourense
Artículo siguienteCC.OO. denunciará al alcalde de Ourense por el altercado con una sindicalista
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.