Inicio Destacado A Deputación colaborará coa I Subida a Vilar de Barrio, puntuable para...

A Deputación colaborará coa I Subida a Vilar de Barrio, puntuable para a Copa de España de Montaña

Reunion de Manuel Baltar coa directiva do Clube Talarino e o alcalde de Vilar de Barrio web

Ourense, 6 de maio de 2022.- A Deputación de Ourense colaborará coa I Subida a Vilar de Barrio, proba organizada pola Asociación Clube de Automobilismo Talariño e que será puntuable para a Copa de España de Escuderías de Montaña. A competición se disputará entre o 5 e o 6 de novembro.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, reuniuse esta mañá no Pazo Provincial con parte da directiva da Asociación Clube de Automobilismo Talariño: o secretario da entidade, Javier Merino; o tesoureiro, Óscar Vázquez e o vogais Manuel Grande e Alfonso Cid. No encontro de traballo tamén estivo presente o alcalde de Vilar de Barrio, Manuel Conde.

Ademais da I Subida a Vilar de Barrio, a Copa de España de Montaña tamén inclúe no seu calendario a Subida á Saleta, que se celebrará o 20 e 21 de maio e que tamén conta co apoio da Deputación de Ourense.

Leer más:   Volve a promoción "Sesións balnearias a 1 euro", a través das redes sociais dos balnearios

- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación reforza o seu compromiso coas protectoras de animais integradas no convenio marco de colaboración
Artículo siguienteEl PP de Ourense se abstiene y prospera la petición de dimisión al alcalde por empujar a una sindicalista
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.