A Deputación reforza o seu compromiso coas protectoras de animais integradas no convenio marco de colaboración

A comisión de seguimento do convenio entre a Deputación e os concellos que teñen delegado o servizo de recollida de animais abandonados, informou favorablemente sobre a modificación fiscal para bonificar ao 100% as adopcións realizadas por estas protectoras

O vicepresidente segundo, César Fernández, resaltou o alto nivel do servizo e o bo traballo destas asociacións

O servizo da rede provincial xestionada pola Deputación facilitou o ano pasado a adopción de 432 cans abandonados. Os técnicos resaltan que case todos os animais recollidos son adoptados, un 60% xa nos primeiros días

Ourense, 6 de maio de 2022.- O salón de plenos da Deputación acolleu a reunión da comisión de seguimento, vixilancia e control do convenio de cooperación asinado pola institución provincial e os concellos que teñen delegado o servizo de recollida de animais abandonados. Un servizo dependente dos centros de recollida integrados na Rede Provincial de Centros de Recollida de Animais Abandonados (RPCRAA), situados en Xinzo de Limia, O Carballiño, Muíños e A Rúa.

Entre outros puntos resoltos nesta sesión, presidida polo vicepresidente segundo, César Fernández, informouse favorablemente da modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas de adopción, para bonificar ao 100% as taxas de adopción das asociacións colaboradoras coa Deputación de Ourense -Agallas, ligada ó centro de acollida de Xinzo e Arume, no Carballiño-. O resto de asociacións protectoras que non teñen subscrito o convenio marco co institución provincial teñen unha bonificación do 50%.

César Fernández resalta o alto nivel do servizo e valorou o paso proposto para atender unha demanda destas asociacións, “que tan bo traballo están realizando en favor do benestar animal”, destacando as xestións para facilitar a adopción dos animais dentro do servizo. Esta modificación irá ao pleno provincial ordinario do mes de maio.

Informe de xestión do servizo do 2021

A rede provincial presta actualmente servizo a 81 concellos ourensáns, que teñen delegada por convenio a competencia en material de recollida, custodia e xestión de animais abandonados na Deputación de Ourense. A recollida dos animais lévase a cabo nas 24 horas posteriores ó aviso na práctica totalidade dos casos.

Segundo informaron na sesión os técnicos respecto ao informe de actividade en 2021, o número de cans recollidos polo servizo o ano pasado foi de 532. Ata 128 cans recollidos polos traballadores da rede provincial foron devoltos aos seus donos e asináronse 442 adopcións, un 11,2% máis que en 2020.

Na comisión definíronse como “excelentes” estes resultados, grazas en parte á actuación das  propias asociacións protectoras e, en menor grao, de particulares, que median en máis do 95% das adopcións. Case todos os animais recollidos logran adopción nos 60 días posteriores, e máis do 60% nos primeiros días.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Tendencias en moda nupcial, alta joyería y gastronomía: personalización y exclusividad al alza

El sector nupcial en España goza de buena salud y, prueba de ello, es que…

2 horas hace

LaLiga gana batalla legal por ElClásico contra Barça y Real Madrid

Real Madrid y Barça vuelven a tropezar en los tribunales en su lucha legal contra…

3 horas hace

Faltan 100 días para que comience la Louis Vuitton 37ª America’s Cup en Barcelona

Restan cien días para que comience la Louis Vuitton 37ª America's Cup. Los seis equipos…

5 horas hace

Estos son los vecinos de Ourense que serán reclutados en caso de que España entre en guerra

En un panorama donde la amenaza de guerra se siente más cercana en Europa, España…

6 horas hace

Los 5 trucos que harán que evites los niveles máximos de alergia en Ourense

Se disparan las alergias en Ourense: alerta por niveles máximos de polen A estas alturas…

8 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 14 de mayo de 2024

A lo largo del día de hoy en Ourense habrá cielos nubosos con lluvia. En…

14 horas hace

Esta web usa cookies.