O Centro Cultural Marcos Valcárcel prepara unha exposición con debuxos e gravados de Picasso, Rembrandt, Dalí, Chagall ou Tapiès

A mostra “O amante do papel”, que se inaugurará o xoves 12 de maio co comisariado de Rosario Sarmiento, está composta por 45 obras de figuras referenciais na historia da arte, abarcando dende o século XV ata o XXI

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitou esta mañá os primeiros preparativos da exposición: “A oferta do Marcos Valcárcel experimenta unha nova velocidade con esta mostra de grandes nomes, auténticas iconas, da arte mundial”. E destacou o potencial turístico dunha exposición que se sumará no centro cultural ás protagonizadas polos Beatles e o Alpinche

As obras de arte de “O amante do papel” forman parte dunha colección privada integrada por máis de 2.000 pezas, e que o seu propietario cedeu de xeito gratuíto á Deputación de Ourense para a súa exposición pública

Ourense, 6 de maio de 2022.- O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense está ultimando os detalles da exposición “O amante do papel”, na que se recolle unha selección de 45 traballos en papel de artistas como Pablo Picasso, Rembrandt, Durero, Marc Chagall, Rubens ou Toulouse-Lautrec, en debuxos, gravados, litografías ou serigrafías.

Esta mostra, comisariada por Rosario Sarmiento e que se inaugurará o vindeiro xoves, 12 de maio, amosa unha selección de obras dunha colección privada formada por máis de 2.000 pezas que o seu propietario foi adquirindo ao longo dos anos, e que ven de ceder temporalmente de xeito gratuíto á Deputación para a súa exposición pública.

Manuel Baltar visitou esta mañá os primeiros preparativos de instalación da mostra, acompañado polo asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar, e o director do Centro Cultural Marcos Valcárcel, Francisco González. O presidente da Deputación resaltou que “a oferta do Marcos Valcárcel experimenta unha nova velocidade coa exposición das obras de grandes nomes da arte”. Auténticas iconas, engadiu, que os ourensáns terán a oportunidade de contemplar no centro cultural, “pero que tamén se converten nun motivo máis para achegarse ata Ourense, a pouco máis de dúas horas da capital de España”.

O “Amante do papel” trátase, segundo inciden dende o Marcos Valcárcel, dunha ocasión “única para ver xuntos a un elenco de artistas de tan elevado nivel, con obras que van dende os séculos XV e XVI ate artistas máis contemporáneos, dos séculos XIX, XX e XXI”. Entre os artistas máis modernos da mostra, poderanse ver obras de Oscar Kokoschka, Max Ernst, Salvador Dalí, Antoni Tápies, Wilfredo Lam, Johnny Friedlaender, Jorge Castillo ou Penck.

Unha oferta expositiva de primeiro nivel no Marcos Valcárcel

“O amante do papel” completa a actual oferta expositiva do Centro Cultural Marcos Valcárcel, “que nestes días vive as súas mellores galas”, dixo Manuel Baltar, coa exposición “Universo ao redor dos Beatles”, a maior e máis completa que se ten feito ata o de agora en España e a exposición do Alpinche, a obra icónica de Estanislao Reverter reivindicada, a través de ser a imaxe da Ourense ICC Week 2022, coma auténtico referente da creatividade ourensá.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 20 de mayo de 2024

Hoy por la mañana en Ourense se prevén más nubes que claros con lluvia. Por…

4 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 19 de mayo de 2024

Durante las primeras horas del día en Ourense habrá cielos nubosos con tormentas acompañadas de…

1 día hace

Penúltima jornada crucial para Europa League y permanencia en Laliga EA Sports

En la próxima jornada 37 de LALIGA, que se inaugura este sábado 18 de mayo…

1 día hace

La universidad Alfonso X el Sabio sobresale en el estudio de farmacia

El último ranking elaborado por la Fundación CyD reconoce a la Universidad Alfonso X el…

1 día hace

Castellano refuerza su apuesta en Millenium Hospitality con 10.000 acciones

Pablo Castellano Vázquez, consejero de Millenium Hospitality desde marzo, ha reforzado su apuesta por la…

1 día hace

TÜV SÜD alcanza por primera vez ingresos superiores a 3.000 millones de euros

TÜV SÜD ha presentado sus resultados financieros globales en 2023, reportando un incremento en los…

1 día hace

Esta web usa cookies.