A Deputación aproba a concesión de 645.000 euros para cooperar con concellos, entidades e promover iniciativas de autoemprego no rural

O presidente Manuel Baltar enmarcou esta liña de colaboración na experiencia do goberno provincial e no traballo en rede, xusto na xornada na que se celebra o Día de Europa, “onde a Deputación ten un protagonismo especial coa presidencia e representación en varias organizacións”

Ourense, 9 de maio de 2022.- A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, en sesión telemática baixo a presidencia de Manuel Baltar, concedeu hoxe máis de 650.000 euros en subvencións para cooperación con concellos e entidades, así como tamén para iniciativas de autoemprego no rural. Unha sesión que, ao seu remate, Manuel Baltar enmarcou na experiencia do goberno provincial no traballo en rede e na colaboración institucional, xusto na xornada na que se celebra o Día de Europa, “onde a Deputación ten un protagonismo especial coa presidencia e representación en varias organizacións, como a presidencia da Asociación Europea de Gobernos Provinciais Intermedios (Partenalia), a vicepresidencia da Confederación Europea de Poderes Locais Intermedios, CEPLI, -1.167 provincias con único representante español- ou a presidencia da Asociación de Cidades Históricas Termais de Europa (EHTTA)”, cargo que Manuel Baltar revalidou a pasada semana para o periodo 2022-2026.

Polo que respecta ao contido da Xunta de Goberno e no ámbito da cooperación cos concellos, concedéronse preto de 45.000 euros para a mellora da estrada de Teixido no Bolo e máis de 14.000 euros para humanización de rúas en San Lorenzo en Porqueira. Para Punxín dúas achegas de 48.000 euros cada unha delas para melloras no centro de saúde e o sendeiro escolar da Casteiñeira. Aprobouse, tamén, máis de 27.000 euros para cofinanciar o programa IDADE destinado a eficiencia enerxética no concello de Rairiz de Veiga e 125.000 euros para obras de urbanización na Rúa.

Por outra banda concedéronse 184.000 euros para catro actuacións en Rubiá: tres achegas de 48.000 euros para pavimentación e reparación de pistas municipais e outra máis 40.000 euros para acondicionar espazos públicos. O Concello de San Cibrán das Viñas, pola súa banda, recibe case 48.000 euros para mellorar a sinalización en núcleos de poboación.

Colaboración con outras entidades e iniciativas de autoemprego

No capítulo de cooperación con outras entidades, a Xunta de Goberno acordou achegar máis de 33.000 euros a Diócese de Astorga para pavimentar o terreo circundante á igrexa de Vilamarín de Valdeorras, e 53.000 euros á Escudería Ourense para a próxima edición do Rallye de Ourense.

No referido a iniciativas empresariais e de autoemprego no rural, no marco do programa EmprendOU, concedéronse tres subvencións por unha contía total de 19.800 euros para a posta en marcha doutros tres proxectos relacionados co comercio e o ensino a desenvolver nos municipios de Boborás e Maceda.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 18 de mayo de 2024

Durante el día de hoy en Ourense se prevén cielos cubiertos con lluvia. En cuanto…

12 horas hace

Europa League y permanencia en juego: La penúltima jornada de LaLiga EA SPORTS promete emociones

En la próxima jornada 37 de LALIGA, que se inaugura este sábado 18 de mayo…

22 horas hace

Cuarta expedición de ISDIN a Mozambique efectúa cerca de 150 cirugías contra el cáncer de piel

Un total de 13 médicos especialistas en dermatología de 10 nacionalidades se han desplazado a…

1 día hace

Marlons se incorpora a la financiación de Goiko y VICIO debido al boom de hamburguesas

Marlons, la emergente cadena de hamburgueserías conocida por sus auténticas “smash burgers” al estilo americano,…

1 día hace

La influencia de las redes en la apariencia de las mujeres según Dove

El 33% de las mujeres sienten presión por alterar su apariencia debido a las imágenes…

1 día hace

El papel de LALIGA en la financiación de los atletas españoles para París 2024

Este 2024, año de los Juegos Olímpicos de París que darán comienzo el próximo 26…

1 día hace

Esta web usa cookies.