Inicio Destacado Reunión da Xunta Rectora do Consorcio do Centro Asociado á UNED en...

Reunión da Xunta Rectora do Consorcio do Centro Asociado á UNED en Ourense

Ourense, 13 de maio de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, presidiu na sala de xuntas do Pazo Provincial a reunión extraordinaria da Xunta Rectora do Consorcio do Centro Asociado á UNED en Ourense. Na reunión tamén estiveron de xeito presencial o director da UNED en Ourense, Jesús Manuel García; a secretaria deste centro, María Concepción Álvarez; o teniente de alcalde do Concello de Ourense, Armando Ojea; o interventor do Concello de Ourense, Gonzalo Alonso, e o arquitecto e asesor do Concello de Ourense Alejandro Sánchez. E por videoconferencia asistiron o representante de profesores tutores, Julio Prada; a vicerrectora adxunta de centros asociados da UNED, Sonia Cristina Orgaz, e o alcalde da Rúa, Álvaro Fernández. A Xunta Rectora aprobou o único punto do día, “o protocolo de colaboración para a rehabilitación e posterior traslado do Centro Asociado á UNED en Ourense á antigua prisión provincial”. 

Leer más:   A Deputación avanza novas liñas de colaboración co Concello de A Teixeira en servizos sociais e infraestruturas

- Te recomendamos -
Artículo anteriorBaltar defende o papel dos gobernos provinciais como “os grandes vertebradores do territorio, que contrarrestan o centralismo e fan fronte aos desafíos do século XXI”
Artículo siguienteLos abogados de los acusados por el crimen del expreso de Pereiro inciden en que “no hay vestigios” para condenarlos
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.