O Museo da Cornamusa da Deputación homenaxea nunha exposición á figura dos 25 gaiteiros máis relevantes na historia de Galicia

A mostra, afirmou na presentación a deputada de Cultura e Producións Audiovisuais, Patricia Torres, “contribúe ao coñecemento da tradición galega e das persoas que durante todo este tempo exerceron como os seus transmisores”.

“Quixemos dignificar a nosa tradición gaiteira e o concepto do gaiteiro histórico, tradición e historia de Galicia que non teñen noutras culturas do mundo”, afirmou o director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo

A exposición reúne os retratos pintados ao óleo de Xosé Casal (Curtis, 1942), considerado como o mellor gaiteiro da súa época e artista polifacético. Presente na inauguración, Casal resaltou a importancia de “defender o patrimonio cultural de Galicia”

Ourense, 16 de maio de 2022.- O Museo Internacional da Cornamusa da Deputación de Ourense acolle unha exposición na que rende homenaxe aos 25 gaiteiros máis relevantes da historia de Galicia desde principios do século XIX, retratados a través do pincel doutro gaiteiro galego e artista polifacético, o coruñés Xosé Casal. A mostra foi presentada esta mañá na Escola Provincial de Gaitas, onde se sitúa o museo, coa presenza da deputada de Cultura e Producións Audiovisuais, Patricia Torres, o director da escola, Xosé Lois Foxo e o propio artista.

Patricia Torres subliñou a importancia dunha exposición que reúne aos mellores gaiteiros galegos dos últimos 200 anos, “contribuíndo ao coñecemento da tradición galega e das persoas que durante todo este tempo exerceron como os seus transmisores”. A mostra, engadiu, “incrementa o valor deste Museo da Cornamusa que xa conta cunha magnífica riqueza, sendo único no mundo nas súas características”. Razón máis que suficiente, afirmou, “para seguir apostando desde a Deputación pola escola de gaitas e polo museo, grazas ao gran traballo que realiza o seu director”.

Xosé Lois Foxo explicou que o punto de partida desta exposición sitúase no libro Os segredos da gaita, un importante volume traducido a numerosos idiomas e onde xa se recolle unha historiografía destes gaiteiros. “Quixemos dignificar a nosa tradición gaiteira e o concepto do gaiteiro histórico, tradición e historia de Galicia que non teñen noutras culturas do mundo”, afirmou Foxo.

Casal, presente na exposición, sinalou a importancia de conservar e potenciar a cultura galega e o traballo da Deputación de Ourense, a través neste caso da Escola Provincial de Gaitas: “A Deputación é pobo, e a cultura do pobo é importantísima. Todos debemos defender o patrimonio de Galicia, por iso para min é un orgullo estar hoxe aquí e deixar estes cadros nesta exposición”.

Casal: gaiteiro, compositor, pintor e escultor

A mostra tamén ten a súa importancia polo autor dos 25 óleos, o coruñés Xosé Casal (Curtis, 1942), home polifacético no ámbito das artes xa que ademais de estar considerado como o mellor gaiteiro da súa época tamén ten un amplo traballo como compositor, pintor e escultor. Casal xa foi protagonista da homenaxe que lle rendeu a Escola de Gaitas en outubro de 2021, cuxo retrato foi a portada do Anuario da Gaita e do cartel do IV Festival Medieval do castelo do Bolo.

Manuel Castro, o gaiteiro de Penalta; Xan Míguez, de Ventosela; Faustino Santalices; Félix Álvarez, dos Trinta de Trives; ou Virxilio Fernández , cofundador da Coral da Ruada, son os gaiteiros ourensáns retratados nesta exposición, que inclúe un autorretrato do propio Xosé Casal.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 17 de mayo de 2024

En las primeras horas del día en Ourense se prevén cielos cubiertos con tormentas acompañadas…

5 horas hace

El Prime Day de Amazon vuelve en julio con celebración en Medinaceli

Las popularmente conocidas “fiestas de pueblo” son un imprescindible dentro de la cultura española. Así…

16 horas hace

Fundación PortAventura invierte 2,5 millones para ampliar PortAventura Dreams Village

La Fundación PortAventura ha inaugurado la ampliación de PortAventura Dreams Village, su proyecto social más…

17 horas hace

Innovación sin gluten: Grupo Gallo integra al colectivo celíaco

Han transcurrido cerca de 10 años desde que Grupo Gallo inició la producción de sus…

18 horas hace

Villas Santa Ana y Miramar entre las mejores según Financial Times

El diario británico 'Financial Times' ha hecho una selección de 5 exclusivas villas privadas que…

18 horas hace

Revolución en la educación con la primera aplicación web de inteligencia artificial

IGNITE Copilot, la innovadora aplicación web de Inteligencia Artificial (IA) para centros educativos y maestros…

18 horas hace

Esta web usa cookies.