Inicio Destacado Rosendo Fernández destaca na presentación de Funergal “o alto grao de especialización...

Rosendo Fernández destaca na presentación de Funergal “o alto grao de especialización dun evento que reúne negocio, competitividade e formación”

O vicepresidente provincial felicitou a Expourense polo regreso do “único encontro internacional do sector que se organiza este ano na península ibérica”

Destacou que durante a pandemia “o sector demostrou unha enorme capacitación, froito da preparación e formación” que se potenciará coa celebración do 2º Congreso Internacional de Directivos Funerarios

A 11ª Feira Internacional de Produtos e Servizos Funerarios, que conta co apoio da institución provincial, celebrarase en Expourense os días 19 e 20 de maio reunindo a 65 expositores de 8 países

Ourense, 16 de maio de 2022.- O vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, participou esta mañá na presentación da 11ª Feira Internacional de Produtos e Servizos Funerarios, Funergal, que co apoio da institución provincial celebrarase en Expourense os días 19 e 20 de maio reunindo a 65 expositores de 8 países. Un evento “cun alto grao de especialización”, destacou Fernández na súa intervención, “que reúne nun mesmo encontro actividades tan importantes como o negocio, a competitividade e maila formación”.

Leer más:   A Deputación colaborará coa asociación Olivarnoia no seu proxecto de dinamización do rural

Rosendo Fernández estivo acompañado na presentación de Funergal por Manuel Pardo, xefe territorial de Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia en Ourense; Rubén Campo Fidalgo, presidente da Asociación Provincial de Empresas Funerarias de Ourense; José Luis Varela; vicepresidente da Asociación Galega de Empresas Funerarias; e Rogelio Martínez, director xerente de Expourense.

O vicepresidente provincial felicitou á dirección de Expourense polo regreso dun encontro que, no seu formato de feira, levaba sen celebrarse desde hai catro anos, xa que ao seu carácter bienal súmase a suspensión de 2020 pola pandemia, parabéns que estendeu ao feito de que se trata do “único encontro internacional do sector que se organiza este ano na península ibérica”

Leer más:   Constituída a comisión de seguimento do plan de medidas antifraude para a xestión e execución dos fondos Next Generation

Durante a pandemia, dixo Rosendo Fernández, “o sector demostrou unha enorme capacitación que é froito da preparación, formación e especialización”, aspectos que seguen a potenciarse coa celebración, coincidindo con Funergal, do 2º Congreso Internacional de Directivos Funerarios, coa participación de 22 relatores de España, Arxentina e México.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorCórgomo, en Vilamartín de Valdeorras, acoge el acto central de la RAG en homenaje a Delgado Gurriarán
Artículo siguienteManuel Baltar resalta o nivel do novo Goberno de Alfonso Rueda: “As administracións cooperantes coa Xunta temos postas nel moitísimas esperanzas e realidades”
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.