Inicio Destacado A Deputación afianza a súa colaboración con Vilar de Santos co apoio...

A Deputación afianza a súa colaboración con Vilar de Santos co apoio a proxectos de eficiencia enerxética, infraestruturas e cultura

Manuel Baltar e Antonio Miguez

Manuel Baltar destacou o traballo do equipo de goberno e avanzou o compromiso da Deputación co traballo a prol dos veciños de Vilar de Santos: “Este Concello é un exemplo de dinamización do medio rural e nós imos seguir acollendo iniciativas que vaian neste sentido”

Acompañado polos concelleiros, o novo alcalde, Antonio Míguez, agradeceu a visita institucional de Manuel Baltar “e o apoio da Deputación, básico para os concellos que somos máis pequenos”

Os catro proxectos que contarán con financiamento provincial suman máis de 100.000 euros e serán incluídos no expediente de modificación de créditos que se presentara ao pleno de setembro

Vilar de Santos, 18 de maio de 2022.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitou esta mañá o Concello de Vilar de Santos para ratificar nunha reunión de traballo ao novo alcalde, Antonio Míguez, o apoio do goberno provincial a catro proxectos relacionados cos ámbitos da eficiencia enerxética, infraestruturas e cultura. Cun importe global superior a 100.000 euros, estas actuacións serán incluídas no expediente de modificación de créditos que se presentará ao pleno do mes de setembro.

Leer más:   O presidente da Deputación reúnese no Pazo Provincial co alcalde de Padrenda

Unha importante achega “que grazas á nosa xestión permite afianzar a colaboración entre a Deputación e o Concello, unha liña de traballo que tamén percibo tanto no alcalde como no equipo de goberno”, asegurou Manuel Baltar.

Baltar explicou que os proxectos nos que vai a cooperar o goberno provincial xa foran analizados durante o encontro que mantivo no Pazo Provincial co novo alcalde, logo da súa toma de posesión no pasado mes de marzo. “Este Concello é un exemplo de dinamización do medio rural e nós imos seguir acollendo iniciativas que vaian neste sentido, respondendo aos concellos como administración máis próxima á veciñanza e desde a Deputación como máis próxima aos concellos”.

Leer más:   A Xunta de Goberno valida a proposta de Manuel Baltar para presentar a candidatura de Pura e Dora Vázquez ás Letras Galegas 2023

Antonio Míguez expresou o seu agradecemento e o do equipo de goberno por esta visita institucional a Vilar de Santos, así como tamén “por contar co apoio da Deputación, básico para os concellos que somos máis pequenos”.

Os proxectos que contarán con financiamento por parte da Deputación pertencen ao ámbito da eficiencia enerxética, a realizar no lugar de Vieiro e na zona do Centro de Día (52.000 euros); a humanización e mellora das rúas Fornos e Seixo, incluídas na Área de Rehabilitación Integral (ARI) de Vilar de Santos (27.000 euros); a pavimentación de pistas da parcelaria en Casas da Veiga (18.000); e para o mantemento e funcionamento do Museo Etnográfico da Limia (12.000). Precisamente, o presidente da Deputación visitou este espazo museístico ao acabar a reunión desta mañá no Concello de Vilar de Santos.

Leer más:   A Deputación inviste 656.540 euros en 15 proxectos municipais e na colaboración con entidades culturais

- Te recomendamos -
Artículo anteriorRosendo Fernández visita o fin das obras de mellora da OU-105 en Seixalbo, cun investimento de 975.000 euros da Xunta de Galicia
Artículo siguienteBaltar tilda de “performance” el intento de reunión del PSdeG con el PP en Santiago para hablar del gobierno de Ourense
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.