Inicio Destacado César Fernández visitou o IES O Ribeiro na Semana Escolar das Letras...

César Fernández visitou o IES O Ribeiro na Semana Escolar das Letras Galegas, organizada pola Deputación

Semana Escolar Letras Galegas

Ribadavia, 19 de maio de 2022.- O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, e o escritor Xosé Antonio Perozo visitaron esta mañá o IES O Ribeiro, en Ribadavia, dentro da Semana Escolar das Letras Galegas organizada pola Deputación e que este ano centrouse na figura da Florencio Delgado Gurriarán, intelectual valdeorrés protagonista das Letras Galegas 2022.

César Fernández e Xosé Antonio Perozo, que estiveron acompañados pola directora do centro, Ana Belén Álvarez, e a xefa de estudos, Liliana Lafuente, mantiveron un encontro co alumnado do centro. Unha conversa que xirou arredor do libro “Florencio Delgado Gurriarán fronte a exaltación da natureza”, escrito por Perozo e editado pola Deputación, co que os estudantes puideron afondar guiados polos seus profesores na vida e obra do autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano. 

Leer más:   A Deputación concede 628.000 euros en axudas a 15 concellos e asociacións para infraestruturas, iniciativas sociais, deporte e cultura

- Te recomendamos -
Artículo anteriorUn incendio calcina parte de la maquinaria de una nave para el tratamiento de madera en Rubiá (Ourense)
Artículo siguienteRosendo Fernández participou na apertura de Funergal
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.