A Deputación patrocina a publicación da guía “Vía da Plata: Sevilla-Ourense-Santiago por el Camino Mozárabe”

A publicación foi impulsada pola Asociación de Amigos Vía da Plata – Camiño Mozárabe co apoio do goberno provincial

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, destaca este proxecto e  reivindica o potencial do Camiño Mozárabe para a provincia de Ourense, “un magnífico escaparate a nivel turístico, cultural e gastronómico”

O presidente da Asociación Amigos Vía da Plata, José Luis Rodríguez Cid, recoñece a importancia do patrocinio da Deputación: “Sen o seu apoio sería imposible executar proxectos como este”

En castelán e inglés, a guía emprega códigos QR para o trazado de cada etapa e céntrase na “experiencia peregrina”, aportando “unha aproximación á cultura xacobea a través dos aspectos históricos, artísticos, humanos e paisaxísticos” das 37 etapas nas que divide o Camiño Mozárabe

Ourense, 22 de maio de 2022.- A Deputación patrocina a publicación da guía “Vía de la Plata. Sevilla-Ourense-Santiago por el Camino Mozárabe”. A guía está impulsada pola Asociación de Amigos Vía da Plata-Camiño Mozárabe e pretende ser “unha axuda en cuestións esenciais e ofrecer información que faga o viaxe máis sinxelo e ameno”, segundo explican no prefacio da obra, que xa está á venda.

A guía apoiase en rutas GPS, antecedentes históricos e culturais e información práctica para “conducir aos camiñantes polas sendas do Camiño Mozárabe”. A guía, que tamén conta coa colaboración do Xacobeo 21-22 e a Fundación CEO, proporciona un código QR para cada xornada, que remitirá a un track GPS na aplicación Wikiloc, a máis estendida de España nas rutas de sendeirismo e bicicleta. Entre outras vantaxes, permite seguir a ruta sen conexión a Internet e emite alarmas sonoras en caso de desvío da ruta establecida.

A guía pretende centrarse ao longo de 140 páxinas na “experiencia peregrina”: está realizada por “peregrinos para peregrinos”, e ademais de amosar a “beleza do recorrido a través das fotografías”, pretende ofrecer ao camiñante “unha aproximación á cultura xacobea, incidindo nos aspectos históricos, artísticas, humanos e paisaxísticos dos lugares que visitaremos”.

Manuel Baltar resalta o traballo da Asociación Amigos da Vía da Plata

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recoñeceu o traballo da Asociación Amigos da Vía da Plata: “Este proxecto é froito do traballo deste colectivo, que leva traballando como ninguén polo Camiño Mozárabe, un magnífico escaparate da nosa provincia a nivel turístico, cultural, gastronómico… e todo dende un prisma internacional”.

Manuel Baltar define a “Vía de la Plata. Sevilla-Ourense-Santiago por el Camino Mozárabe” como unha “xoia moi recomendable, unha compañeira inseparable para o camiñante porque ademais emprega o móbil para completar a información, quilómetro a quilómetro. E ademais, co Pórtico do Paraíso na súa portada”.

Pola súa banda, o presidente da Asociación Amigos da Vía da Plata, José Luis Rodríguez Cid, destaca que en “Ourense somos uns privilexiados, o Camiño é unha fiestra internacional para a provincia”. Esta nova guía, explica Rodríguez Cid, “está editada con motivo do Xacobeo 21-21, grazas a colaboración da Deputación de Ourense e do seu presidente, Manuel Baltar. Sen este patrocinio sería imposible tela confeccionado, estamos moi agradecidos”.

Información útil

En cada etapa do Camiño Mozárabe, o peregrino atopará un mapa da zona con quilometraxe e perfil de altimetría, o código QR coa ruta a seguir, o texto de descrición e as fotografías e a información esencial para pernoctar, con dirección, prezos e teléfonos dos albergues, así como os servizos que ofrecen -duchas, lavandería, resguardo para bicicleta, wifi…-.

A guía comeza coa primeira etapa (Sevilla-Guillena, de 22 quilómetros- e recorre a Vía da Plata ata a etapa trixésimo sétima (Vedra-Santiago de Compostela). Pero a propia publicación incide en que o peregrino visualice a ruta como un “recorrido orgánico”, recomendando ao camiñante que “adapte as xornadas as súas necesidades. Non sentido ceñirse a un plan fixo”.

Por que a Vía da Plata?

Na introdución desta guía, reivindicase o potencial do Camiño Mozárabe, que “pasa por catro cidades declaradas Patrimonio da Humanidade -Sevilla, Mérida, Salamanca e Santiago-” e lugares de alto interese como “Ourense, Zamora, Caparra, Zafra ou Puebla de Sanabria”. Os amantes da arquitectura e a arte, resaltan no texto, “acertan ao elixir a Vía da Plata como ruta de peregrinaxe, pois ningunha outra ofrece no seu percorrido lugares tan atractivos para o visitante”. A Vía da Plata, resumen no libro, “ofrece aos peregrinos unha viaxe fascinante cheo de paisaxes diversas e experiencias culturais únicas”.

Congreso internacional en 2023

En paralelo, avanzan os preparativos do 13º Congreso Internacional dos Camiños de Santiago, que se celebrará en Ourense do 20 ao 23 de abril de 2023. O evento está organizado pola Asociación Cultural Amigos Camiño Mozárabe – Vía da Plata co apoio da Deputación de Ourense, e conta cunha participación estimada de máis de 300 persoas procedentes de ata unha vintena de países. “Este será todo un acontecemento para Ourense”, manifestou o vicepresidente da Asociación e responsable do comité organizador, José Antonio Quintas, que agradeceu “o empeño e aposta do presidente da Deputación por este congreso, na liña de apoio total á nosa asociación e ao impulso da Vía da Plata”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Penúltima jornada crucial para Europa League y permanencia en Laliga EA Sports

En la próxima jornada 37 de LALIGA, que se inaugura este sábado 18 de mayo…

2 horas hace

La universidad Alfonso X el Sabio sobresale en el estudio de farmacia

El último ranking elaborado por la Fundación CyD reconoce a la Universidad Alfonso X el…

2 horas hace

Castellano refuerza su apuesta en Millenium Hospitality con 10.000 acciones

Pablo Castellano Vázquez, consejero de Millenium Hospitality desde marzo, ha reforzado su apuesta por la…

3 horas hace

TÜV SÜD alcanza por primera vez ingresos superiores a 3.000 millones de euros

TÜV SÜD ha presentado sus resultados financieros globales en 2023, reportando un incremento en los…

3 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 18 de mayo de 2024

Durante el día de hoy en Ourense se prevén cielos cubiertos con lluvia. En cuanto…

22 horas hace

Europa League y permanencia en juego: La penúltima jornada de LaLiga EA SPORTS promete emociones

En la próxima jornada 37 de LALIGA, que se inaugura este sábado 18 de mayo…

1 día hace

Esta web usa cookies.