O presidente da Deputación visita á rodaxe de “La Manzana de Oro”: “O audiovisual é cultura que perdura no tempo e promociona o territorio”

Manuel Baltar agradeceu a elección da provincia para este proxecto, patrocinado polo goberno provincial, e “que se verá referendado na 27 edición do Festival de Cine de Ourense, que é o festival do cinema de Galicia”

Os produtores Mario del Real e Xosé Zapata afirman que “é todo un acerto vir a rodar a Ourense, onde o apoio da Deputación foi fundamental”

A filmación, que rematará o 8 de xuño, ten como escenario principal o Pazo de Bentraces, ademais de localizacións próximas

Barbadás, 25 de maio de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou esta mañá no Pazo de Bentraces (Barbadás) a rodaxe da película La Manzana de Oro, filme que se está a rodar de xeito íntegro en escenarios da provincia de Ourense e que conta co patrocinio da Deputación. Durante o transcurso da visita, na que estivo acompañado polos produtores Mario del Real e Xosé Zapata, e parte do elenco artístico -entre os que que destacan Sergi López, Adrián Lastra, Marta Nieto ou os ourensáns Elena Seijo e Abelo Valis-, o presidente provincial defendeu a estratexia que está a desenvolver a Deputación para converter a Ourense nun gran plató, “pois as producións audiovisuais son cultura que perdura no tempo, ademais de promover e dar visibilidade ao territorio”.

Manuel Baltar non dubidou do éxito dunha produción que “ogallá teña unha segunda parte”, agradecendo a elección da provincia para este proxecto, “que se verá referendado na 27 edición do Festival de Cine de Ourense, que é o festival do cinema de Galicia”.

Mario del Real expresou a súa satisfacción polo desenvolvemento do proxecto, “un reto que ademais supón a volta ao cine de Jaime Chávarri”, pero sobre todo recoñeceu que “é todo un acerto vir a rodar a Ourense, onde o apoio da Deputación foi fundamental”. Unhas palabras ás que se sumou Xosé Zapata agradecendo a axuda do goberno provincial para facer realidade este tipo de proxectos e a hospitalidade de Ourense co cine”.

Seis semanas e media de rodaxe

A rodaxe de La manzana de oro iniciouse o 25 de abril e rematará, segundo as previsións dos produtores, o próximo 8 de xuño. Seis semanas e media de gravación no Pazo de Bentraces e noutras localizacións próximas da provincia.

A película está baseada na novela “Ávidas pretensiones”, de Fernando Aramburu, Premio Biblioteca Breve que anualmente concede a editorial Seix Barral. O guión é do propio Chávarri e de Jose Ángel Esteban. Narra a historia dun invitado inesperado que desestabiliza as xornadas poéticas que cada ano reúne nun illado convento do noroeste peninsular a distintas tendencias da poesía española. Mentres os poetas escriben e recitan na procura dun premio dourado, unha sospeita de plaxio, a loita por participar nunha futura antoloxía, a irreverencia dun rapeiro, o aniversario dun poeta centenario e outras situacións máis acabarán por rematar nunha noite de treboada, logo do triunfo inesperado dunha nova estrela feminina da poesía contemporánea.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

LaLiga registra ingresos récord y supera a empresas del Ibex-35

LALIGA es una de las marcas más reconocibles en España, y así lo indican numerosas…

36 mins hace

Universidad Alfonso X el Sabio es la número uno en empleabilidad en farmacia según Fundación CYD

El último ranking elaborado por la Fundación CyD reconoce a la Universidad Alfonso X el…

58 mins hace

ALUCINARÁS | El mejor vídeo del meteorito no ha sido en Ourense

Este fin de semana, un impresionante meteorito cruzó los cielos de España y Portugal durante…

4 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 20 de mayo de 2024

Hoy por la mañana en Ourense se prevén más nubes que claros con lluvia. Por…

12 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 19 de mayo de 2024

Durante las primeras horas del día en Ourense habrá cielos nubosos con tormentas acompañadas de…

1 día hace

Penúltima jornada crucial para Europa League y permanencia en Laliga EA Sports

En la próxima jornada 37 de LALIGA, que se inaugura este sábado 18 de mayo…

2 días hace

Esta web usa cookies.