Inicio Destacado A Deputación abre unha liña de axuda para eventos e actividades do...

A Deputación abre unha liña de axuda para eventos e actividades do Centro Comercial Aberto do Barco de Valdeorras

Manuel Baltar comprometeu o apoio do goberno provincial trala reunión que mantivo co presidente e maila xerente da asociación, Jacobo Arias e Ainhoa Carracedo. “Unha achega que reforzará a cooperación cun sector clave na vila e na comarca”

Esta colaboración permitirá desenvolver “iniciativas que teñen unha gran aceptación entre a veciñanza, destacando entre elas a pasarela de moda”, sinalou o presidente da agrupación comercial

A Deputación canalizará esta axuda, por importe de 15.000 euros, a través do Inorde

Ourense, 28 de maio de 2022.- A Deputación de Ourense abrirá unha liña de axuda destinada a eventos e actividades que organice o Centro Comercial Aberto do Barco de Valdeorras, anunciou o presidente provincial Manuel Baltar tralo encontro que mantivo co presidente da agrupación comercial, Jacobo Arias, e a xerente Ainhoa Carracedo. Unha achega valorada en 15.000 euros “que reforzará a cooperación cun sector clave non só para os empresarios e autónomos da vila, senón tamén de toda a comarca”, afirmou Baltar.

Leer más:   O presidente da Deputación reúnese no Pazo Provincial coa directiva da UNED en Ourense

Explicou que esta axuda canalizarase a través do Inorde, como se está a facer co área comercial Ourense Centro da capital, poñendo énfase na capacidade da Deputación “para ofrecer este tipo de colaboración logo de obter a débeda cero e cuns resultados de execución orzamentaria que repetimos e melloramos ano tras ano”. Unha forma de chegar ao territorio “a través de entidades que representan a unha parte importante do tecido económico e produtivo dunha comarca como Valdeorras”.

Jacobo Arias agradeceu en nome dos comerciantes asociados “o importante apoio da Deputación e a positiva resposta do seu presidente, cunha achega que é todo un alivio para o noso colectivo”. Arias sinalou que esta liña de axuda permitirá desenvolver ao Centro Comercial Aberto do Barco actividades que teñen unha gran aceptación entre a veciñanza, destacando entre elas a pasarela de moda. Un evento que tras dous anos de ausencia regresou ás rúas da vila o pasado 9 de abril coa participación dunha vintena de establecementos e un gran éxito de público.

Leer más:   O presidente da Deputación visitou as librarías situadas na rúa do Paseo polo Día do Libro

- Te recomendamos -
Artículo anteriorAs xornadas sobre as deputacións reivindican na súa clausura o peso das administracións provinciais no progreso do territorio
Artículo siguienteConstituída a comisión de seguimento do plan de medidas antifraude para a xestión e execución dos fondos Next Generation
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.