Inicio Destacado Avanza o proceso de constitución da AECT “Raia Seca / Xurés-Gerês”

Avanza o proceso de constitución da AECT “Raia Seca / Xurés-Gerês”

A sala de xuntas do Pazo Provincial acolleu unha reunión de traballo coa presenza da Deputación de Ourense e once concellos ourensáns

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, resalta a importancia de definir obxectivos e liñas de traballo fundamentais desta Agrupación Europea, e pon como obxectivo tela constituída este ano

Ourense, 3 de xuño de 2022.- A sala de xuntas do Pazo Provincial acolleu esta mañá unha reunión de traballo para avanzar na constitución da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) “Raia Seca / Xurés-Gerés”. Na reunión, presidida polo vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, informouse sobre o procedemento e pasos necesarios para avanzar na posta en marcha desta AECT.

Leer más:   A Deputación contribúe a redescubrir a figura e a obra do escultor Arturo Baltar coa edición dun libro do escritor e xornalista Antón Lopo

O vicepresidente segundo da Deputación explicou que “imos de ter a primeira reunión cos concellos da provincia de Ourense para constituír esta AECT, entre os concellos lusos da Reserva da Biosfera Xurés-Gerês e a Raia Seca ourensá, concretamente os municipios pertencentes a esta reserva e, ademais, os que limitan coas cámaras lusas integrantes”.

César Fernández resalta que, con esta reunión, avánzase na definición dos “obxectivos e as liñas de traballo fundamentais, e a partir de aí marcámonos como horizonte tela constituída antes de finais do 2022”.

Na reunión estiveron a alcaldesa de Bande, Sandra Quintas; o alcalde de Cualedro, Luciano Cuquejo; o alcalde de Entrimo, Ramón Alonso; a alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez; o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez; a alcaldesa de Oímbra, Ana Villarino; o alcalde de Padrenda, Manuel Pérez; o alcalde de Quintela de Leirado, José Antonio Pérez; o edil de Baltar José Antonio Feijóo; o edil de Lobeira Antonio Álvarez e a técnica de Calvos de Randín Cristina Salgado. O alcalde de Muíños, Plácido Álvarez, non puido acudir por motivos de axenda.

Leer más:   FOTO DENUNCIA | “Hoy fui yo, pero mañana puedes ser tú”: la denuncia de una vecina de Ourense sobre el estafador de viviendas

- Te recomendamos -
Artículo anteriorRecepción a poetas participantes no XII Encontro Internacional de Poesía “Víctor Campio”
Artículo siguienteUna denuncia de la jefa de la Policía Local de Ourense activa el protocolo anti acoso del Ayuntamiento
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.