Inicio Destacado A Deputación prestará apoio ao Concello de Lobios para a mellora de...

A Deputación prestará apoio ao Concello de Lobios para a mellora de infraestruturas termais, deportivas e viarias

Reunion de Manuel Baltar coa alcaldesa de Lobios

Manuel Baltar e alcaldesa, María del Carmen Yáñez, mantiveron unha reunión no Pazo Provincial para repasar as liñas de traballo que van marcar a colaboración entre as administracións provincial e municipal

A rexedora agradeceu o apoio do presidente aos asuntos tratados, que “son a día de hoxe os máis importantes para un concello eminentemente turístico, onde apostamos con firmeza por uns servizos de calidade para o visitante”

Ourense, 6 de xuño de 2022.- O presidente da  Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu esta mañá no Pazo Provincial á alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez, coa que repasou as liñas de traballo que van marcar a colaboración entre as administracións provincial e municipal e que estarán centradas na mellora de infraestruturas nos ámbitos termal, deportivo e de comunicacións.

Leer más:   Gestagua en crisis: acusan a directivos de fraude documental, son cesados

María del Carmen Yáñez, que agradeceu o apoio do presidente do goberno provincial, manifestou pola súa banda que os asuntos tratados na reunión “son a día de hoxe os máis importantes para un concello eminentemente turístico onde apostamos con firmeza por uns servizos de calidade para o visitante”. Subliñou neste sentido o capítulo termal “en tanto queremos ofrecer as mellores dotacións na área de Riocaldo”. Neste sentido concretouse a axuda da Deputación para mellorar as instalacións na zona de baño deste enclave, “de modo que o visitante poda gozar dun espazo ao aire libre coas augas termais máis quentes de toda a península”.

No referido a deporte, a colaboración entre Deputación e Concello permitirá dotar de herba artificial ao campo de fútbol, co obxectivo que contar cunhas instalacións non só perfectamente acondicionadas para o equipo local, a Unión Deportiva Lobios, “senón tamén que podan servir de atractivo a outros equipos que escollan o noso concello para facer as súas pre-tempadas”, puntualizou a alcaldesa.

Leer más:   O presidente da Deputación reúnese co alcalde de Vilar de Santos

A mellora e humanización dos núcleos de poboación tamén figurou entre os asuntos tratados, actuacións nas que primará a conservación dos elementos tradicionais da arquitectura local. En materia de comunicacións abordouse o remate da estrada provincial OU-1212, na parroquia de Grou, nun tramo de gran complexidade e no que as obras estaban paralizadas á espera dunhas expropiacións.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO vicepresidente César Fernández participa na entrega de premios da Copa Deputación de balonmano
Artículo siguienteO Teatro Principal acolle este venres o estreo de “Hechos Furiosos”, obra apoiada pola Deputación de Ourense
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.