Inicio Destacado A Deputación aproba a concesión de 260.000 euros en axudas para cooperación...

A Deputación aproba a concesión de 260.000 euros en axudas para cooperación cos concellos e deporte

Videoconferencia da xunta de goberno do 8 de xuno

Ourense, 8 de xuño de 2022.- A  Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá por vía telemática baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou a concesión de máis de 260.000 euros en axudas para cooperación cos concellos e deporte. Neste último capítulo aprobouse unha subvención de 30.000 euros a favor da Federación Galega de Piragüismo para sufragar gastos de funcionamento e actividades a desenvolver durante a presente tempada. Unha colaboración máis coa federación “que é o noso aliado nesa andaina para consolidar o ecosistema de turismo deportivo que levamos anos implantando na provincia”, declarou Manuel Baltar durante a comparecencia diante dos medios de comunicación tralo remate da Xunta de Goberno.

Leer más:   Localizan el cuerpo sin vida del futbolista David García Mitogo

Polo que respecta á cooperación cos concellos, na orde do día da sesión figuraba unha axuda de preto de 187.000 euros ao Concello do Carballiño para a renovación das instalacións do campo de fútbol de Espiñedo. Tamén se aprobaron dúas achegas máis: 32.000 euros para traballos medioambientais en Carballeda de Valdeorras, e 13.000 para o Concello de Xinzo de Limia con destino á Festa do Esquecemento deste ano.

A relación de asuntos tratados complétase coa incorporación ao Plan Adicional do Plan provincial de Cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial dunha obra no municipio do Carballiño. Trátase dun tramo da rede de sumidoiros do núcleo de Bagarelas, traballos valorados en algo máis de 1.500 euros que serán financiados exclusivamente con cargo ás arcas municipais.

Leer más:   A Deputación avanza na consolidación da provincia como ecosistema deportivo: "Os froitos de moitos anos de traballo vense agora"

- Te recomendamos -
Artículo anteriorA décima edición da Chandrexa Trail reunirá a máis de 250 participantes o domingo 19 de xuño
Artículo siguienteBaltar defende na xunta xeral de grupos de interese de Agbar a importancia da colaboración pública-privada para garantir os servizos de calidade nos concellos rurais
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.