Inicio Destacado Acisclo Manzano recibirá o 17 de xuño a Medalla de Ouro da...

Acisclo Manzano recibirá o 17 de xuño a Medalla de Ouro da provincia “por toda unha vida creando e crendo nesta terra”

Encontro de Manuel Baltar con Acisclo Manzano 3

Encontro de Manuel Baltar con Acisclo Manzano

Encontro de Manuel Baltar con Acisclo Manzano 4

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, mantivo esta mañá un encontro co escultor no mosteiro de Xunqueira de Espadanedo, onde o artista participou nos recentes traballos de restauración do coro e onde tamén se pode visitar una exposición coa súa obra

“Ninguén mellor para recibir esta distinción”, dixo o presidente do goberno provincial en alusión “a un dos grandes da cultura e da historia de Ourense” desexando que manteña a súa constante creación para que “as próximas xeracións poidan seguir presumindo de Acisclo”

O escultor expresou por adiantado o seu agradecemento por unha medalla que, dixo, “está entre as distincións máis coñecidas que recibín”, lembrando así a súa condición de académico numerario da Real Academia de Belas Artes ou a medalla nacional de Arte Xuvenil

Xunqueira de Espadanedo, 8 de xuño de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou esta mañá no mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo ao escultor Acisclo Manzano, que o vindeiro 17 de xuño recibirá a Medalla de Ouro da provincia nun acto no salón de plenos do Pazo Provincial que comezará ás 11,30 horas. Un merecido recoñecemento, sinalou o presidente do goberno provincial, “por toda unha vida creando e crendo nesta terra, facendo ademais da súa obra a mellor tarxeta de visita do noso territorio”.

Leer más:   Volve a promoción "Sesións balnearias a 1 euro", a través das redes sociais dos balnearios

“Ninguén mellor para recibir esta distinción”, dixo Manuel Baltar en alusión “a un dos grandes da cultura e da historia de Ourense”, desexando que manteña por moitos anos a súa constante creación para que “as próximas xeracións poidan seguir presumindo de Acisclo”.

O escultor expresou por adiantado o seu agradecemento por unha medalla que, dixo, “está entre as distincións máis coñecidas que recibín”, lembrando así a súa condición de académico numerario da Real Academia de Belas Artes ou a medalla nacional de Arte Xuvenil. “A escultura secuestroume”, confesouse o artista para recoñecer a influencia que tivo a arte na súa vida, destacando tamén o atractivo que exerceu sobre a súa persoa unha paraxe como a de Xunqueira de Espadanedo.

Leer más:   Ourense produce el embutido más consumido de los Carnavales en España

Manuel Baltar e Acisclo Manzano, acompañados polo alcalde, Carlos Gómez, visitaron o mosteiro de Santa María, onde o escultor deixou a súa pegada por partida dobre. Por unha banda participou nos recentes traballos de restauración do cenobio elaborando dúas tallas incorporadas ao artesonado do coro. Ademais, no propio mosteiro pode contemplarse unha exposición de obras figurativas cedidas polo artista.

Recoñecemento “aos mellores fillos da terra ourensá”

A Deputación de Ourense iniciou en agosto de 2019 o expediente para outorgar a medalla de ouro da provincia ao escultor, logo de que Manuel Baltar anunciara un mes antes na Insua dos Poetas, durante a celebración da XI Festa da Palabra, que proporía ao artista para a máxima distinción que concede a institución “aos mellores fillos da terra ourensá”. Un galardón reservado para as persoas que acaden un gran prestixio social no eido que desenvolven a súa actividade, contribuíndo á mellora da imaxe da provincia de Ourense e o coñecemento sobre a mesma.

Leer más:   O PP esixe partidas “serias e realistas” nos orzamentos xerais do Estado de 2023 para avanzar na execución da A-76

Acisclo Manzano (Ourense, 1940) é considerado como un dos grandes escultores contemporáneos españois. Membro da Real Academia de Belas Artes na sección de escultura, medalla nacional de Arte Xuvenil e Premio Otero Pedrayo, o artista ourensán ten traballado a madeira, o bronce, ferro ou granito, aínda que a súa obra céntrase no barro, material que utiliza para modelar as súas formas escultóricas. A súa obra atópase repartida por numerosas localidades galegas, con mostras no Museo de Belas Artes da Coruña, na colección de arte de Abanca e no xa citado mosteiro de Xunqueira de Espadanedo.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorBaltar defende na xunta xeral de grupos de interese de Agbar a importancia da colaboración pública-privada para garantir os servizos de calidade nos concellos rurais
Artículo siguienteMuere un operario al caer de una altura cuando trabajaba en una obra en San Cibrao das Viñas (Ourense)
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.