Castrelo de Miño acolle este sábado a primeira edición da Copa de España Inclusiva de Motonáutica

Na presentación da proba, o vicepresidente da Deputación, César Fernández, destacou “a aposta permanente do goberno provincial polos deportes náuticos”, desta volta nun encoro “que ademais de ter a fortuna de ser un importante espazo natural tamén é o escenario idóneo para a práctica destes deportes”

En nome da organización do evento, o secretario da Real Federación Galega, Marcos Casaleiro, mostrou a súa satisfacción “por unha proba inédita no calendario nacional froito de cinco intensos anos de traballo”

Os participantes porán a proba as súas habilidades cun circuíto estilo xincana, probas de fondeo e realización de nós mariñeiros

Ourense, 10 de xuño de 2022.- O Parque Náutico de Galicia, en Castrelo de Miño, acolle este sábado a celebración da primeira Copa de España Inclusiva de Motonáutica, competición organizada polas reais federacións galega e española deste deporte, co apoio da Deputación, e que se estrea como unha proba inédita no calendario nacional. A competición foi presentada esta mañá no Pazo Provincial coa presenza do vicepresidente segundo da Deputación e responsable para asuntos de cooperación cos concellos do Ribeiro, César Fernández, que estivo acompañado polo alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos; o xefe de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; e os representantes da Real Federación Galega de Motonáutica, Marcos Casaleiro e Carlos Alberto Estévez.

César Fernández quixo destacar “a aposta permanente do goberno provincial polos deportes náuticos”, desta volta no encoro de Castrelo de Miño, “que ademais de ter a fortuna de ser un importante espazo natural tamén é o escenario idóneo para a práctica destes deportes”. Avelino Pazos agradeceu pola súa banda o esforzo dos organizadores “polo gran traballo que hai tras esta competición, que volverá a converter ao Parque Náutico de Galicia nun referente nacional”. Manuel Pérez expresou o seu orgullo por “dar un exemplo máis de cooperación entre as tres administracións colaboradoras -Deputación, Xunta e Concello-“, afirmando que eventos como este demostran que Ourense “goza de boa saúde deportiva “.

Marcos Casaleiro e Carlos Alberto Estévez explicaron os detalles dunha proba que nace como Copa de España “pero que esperamos regrese a Castrelo de Miño o próximo ano como campionato nacional”, dixo Casaleiro mostrando a súa satisfacción “por unha proba inédita no calendario nacional froito de cinco intensos anos de traballo”.

A competición, sinalou Estévez, consistirá nunha serie de desafíos que porán a proba as habilidades das persoas participantes, como un percorrido estilo xincana, probas de fondeo e realización de nós mariñeiros, con tres mangas seguidas das que só as dúas últimas serán válidas. A Copa dará comezo ás 10.45 horas da mañá e os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán un trofeo acreditativo.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 18 de mayo de 2024

Durante el día de hoy en Ourense se prevén cielos cubiertos con lluvia. En cuanto…

4 horas hace

Europa League y permanencia en juego: La penúltima jornada de LaLiga EA SPORTS promete emociones

En la próxima jornada 37 de LALIGA, que se inaugura este sábado 18 de mayo…

14 horas hace

Cuarta expedición de ISDIN a Mozambique efectúa cerca de 150 cirugías contra el cáncer de piel

Un total de 13 médicos especialistas en dermatología de 10 nacionalidades se han desplazado a…

18 horas hace

Marlons se incorpora a la financiación de Goiko y VICIO debido al boom de hamburguesas

Marlons, la emergente cadena de hamburgueserías conocida por sus auténticas “smash burgers” al estilo americano,…

18 horas hace

La influencia de las redes en la apariencia de las mujeres según Dove

El 33% de las mujeres sienten presión por alterar su apariencia debido a las imágenes…

19 horas hace

El papel de LALIGA en la financiación de los atletas españoles para París 2024

Este 2024, año de los Juegos Olímpicos de París que darán comienzo el próximo 26…

19 horas hace

Esta web usa cookies.