A Deputación alíase con Segittur para impulsar os Destinos Turísticos Intelixentes na provincia de Ourense

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o presidente de Segittur, asinaron esta mañá no Pazo Provincial o acordo de colaboración polo que a administración provincial convértese na entidade promotora do modelo de Destino Turístico Intelixente en Ourense

Manuel Baltar destaca a importancia desta alianza para seguir traballando a prol do territorio: “Vivimos os mellores anos para impulsar o turismo en Ourense e avanzaremos nos nosos obxectivos para seguir compartindo esta provincia, a mellor conectada de Galicia”

O presidente da Deputación lembrou o traballo realizado dende a administración provincial neste eido, con ferramentas como o propio Destino Turístico Intelixente ou os Plans de Sostenibilidade Turística en Destino

O presidente de Segittur explicou que a través deste protocolo potenciase o papel dos gobernos provinciais na estratexia do Destino Turístico Intelixente e recoñeceu o esforzo realizado pola Deputación

Ourense, 20 de xuño de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente da Sociedade Mercantil Estatal para la Gestión de la Innovación y las Tecnologías Turísticas (Segittur), Enrique Martínez, asinaron esta mañá no Pazo Provincial o acordo de colaboración a través do que a administración provincial convértese na entidade promotora do modelo de Destino Turístico Intelixente (DTI) na provincia de Ourense.

Este protocolo xeral entre a Deputación -membro titular da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes- perfilouse para o “desenrolo conxunto de actuacións para a promoción e impulso dos DTI na provincia de Ourense”, buscando establecer estratexias coordinadas que impulsen a implantación deste modelo no territorio.

Despois da sinatura do convenio, o presidente da Deputación destacou o traballo de Segittur, “unha entidade pública que tanto fai polo turismo”, realzando a importancia deste convenio de colaboración para “avanzar na potenciación do turismo na provincia de Ourense”.

Manuel Baltar lembrou que “vivimos os mellores anos para o impulso ó turismo na provincia de Ourense, con récord de visitantes e pernoctacións a pesar da pandemia”, apoiado en fitos coma a “chegada da Alta Velocidade o desenrolo de programas como o de Destino Turístico Intelixente ou o Plan de Sostenibilidade Turística en Destino da Ribeira Sacra e o de termalismo”.

Nesta liña de traballo da Deputación de Ourense, Baltar reivindicou o traballo realizado polo Inorde e garantiu “seguir traballando para compartir Ourense, o territorio mellor conectado de Galicia, aproveitando a capacidade que temos para atraer visitantes, potenciada a partir de agora grazas a nosa alianza con Segittur”.

Pola súa banda, o presidente de Segittur, Enrique Martínez, sinalou que este convenio potencia “o papel das deputacións na estratexia do desenrolo turístico intelixente e dos seus destinos. Por iso hoxe é un día importante para nós, dentro da nosa colaboración coa Deputación de Ourense”.

Enrique Martínez lembrou que Ourense “ten unha sólida traxectoria en DTI, en cidades intelixentes, en prestación de servizos de nova factura…”. E agora, explicou o presidente de Segittur, o que “vimos é a pedir colaboración para lanzar este novo impulso aos Destinos Turísticos Intelixentes e a que dende a Deputación nos axuden a definir e colaborar en cousas que están por vir, como a plataforma de destinos intelixentes”.

Ter en conta as singularidades dos gobernos provinciais nos destinos intelixentes

O plan asinado esta mañá polo presidente da Deputación e o de Segittur está consensuado no Grupo de Trabajo de Diputaciones, Cabildos Insulares y Consells Insulares da Red DTI, creado para impulsar actuacións e servizos coordinados que melloren o desenrolo turístico dos destinos aliñados co modelo DTI, tendo en conta as singularidades destas institucións supramunicipais.

A cooperación entre a Deputación de Ourense e Segittur poderá traducirse, entre outras liñas de actuación, no deseño e desenrolo dunha estratexia e programa de traballo conxunto en materia de DTI no ámbito territorial da provincia de Ourense para promover este modelo no territorio; no deseño e implantación dun procedemento a través do cal a Deputación convértese nun Punto de Acceso DTI na provincia; impulsando a promoción de ferramentas e servizos comúns entre os destinos da provincia; deseñando, creando ou promovendo programas de asistencia técnica, formación e capacitación conxunta, realizando conferencias ou seminarios para ampliar a difusión do modelo DTI na provincia ou establecendo áreas de traballo comúns para o intercambio de información entre a administración provincial e Segittur.

Para a posta en marcha e control do protocolo asinado no Pazo Provincial constituírase unha comisión de seguemento entre Deputación e esta sociedade pública.

Impulsar a investigación e innovación no eido turístico español

O Programa Destinos Turísticos Inteligentes foi activado pola Secretaría de Estado de Turismo para contribuír á mellora da competitividade dos destinos turísticos, dende un prisma da sostenibilidade e a accesibilidade a través de novos modelos de gobernanza que se apoien na innovación e a tecnoloxía.

Dentro deste proxecto, a Rede DTI da que forma parte a Deputación de Ourense busca impulsar a colaboración público-pública e pública-privada para situar ós destinos no centro de atención das políticas públicas en materia turística, favorecendo a mellora da súa competitividade, promovendo sinerxías e facilitando a transferencia de coñecemento e o desenrolo de produtos, servizos e actuacións dos destinos turísticos.

Segittur é unha sociedade participada na súa totalidade pola Administración General del Estado e, a través da Secretaría de Estado de Turismo, é a responsable de impulsar a investigación, o desenrolo e a innovación (I+D+i) no eido turístico español, tanto no ámbito público -buscando novos modelos e canais de promoción ou na xestión e creación de destinos turísticos intelixentes- como no privado, co apoio a emprendedores, desenrolando novos modelos de xestión e sostible e máis competitivos, ou a exportación de tecnoloxía.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 18 de mayo de 2024

Durante el día de hoy en Ourense se prevén cielos cubiertos con lluvia. En cuanto…

11 horas hace

Europa League y permanencia en juego: La penúltima jornada de LaLiga EA SPORTS promete emociones

En la próxima jornada 37 de LALIGA, que se inaugura este sábado 18 de mayo…

21 horas hace

Cuarta expedición de ISDIN a Mozambique efectúa cerca de 150 cirugías contra el cáncer de piel

Un total de 13 médicos especialistas en dermatología de 10 nacionalidades se han desplazado a…

1 día hace

Marlons se incorpora a la financiación de Goiko y VICIO debido al boom de hamburguesas

Marlons, la emergente cadena de hamburgueserías conocida por sus auténticas “smash burgers” al estilo americano,…

1 día hace

La influencia de las redes en la apariencia de las mujeres según Dove

El 33% de las mujeres sienten presión por alterar su apariencia debido a las imágenes…

1 día hace

El papel de LALIGA en la financiación de los atletas españoles para París 2024

Este 2024, año de los Juegos Olímpicos de París que darán comienzo el próximo 26…

1 día hace

Esta web usa cookies.