Inicio Destacado O Campionato de España de ximnasia rítmica individual e de autonomías reúne...

O Campionato de España de ximnasia rítmica individual e de autonomías reúne este fin de semana a máis de 400 participantes no Paco Paz

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, destacou na presentación do campionato a importancia de acoller este eventos de elite e recordou que as “federacións  e administracións teñen no goberno provincial un gran aliado en Ourense”

Coas citas deste fin de semana, o Pazo dos Deportes convértese por cuarta vez en 2022 na sede dunha competición de ximnasia de ámbito nacional despois da celebración do Campionato de España de trampolín e do Torneo Internacional “Ourense, a provincia termal”

Ourense, 22 de xuño de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou esta mañá na presentación do Campionato de España individual e de autonomías de ximnasia rítmica, que se disputará no Pazo dos Deportes Paco Paz entre o 23 e o 26 de xuño co apoio da Deputación. Nesta presentación tamén interveu o delegado de Deportes da Xunta, Manuel Pérez; o presidente da Federación Galega de Ximnasia, José Manuel Estévez; e a secretaria técnica de ximnasia rítmica da Federación Española de Ximnasia, Lorena Gómez.

Leer más:   A Deputación alíase coa UVigo para converter a Ourense na sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial e impulsar un Centro de Innovación Territorial

No acto de presentación, Rosendo Fernández destacou a importancia da ximnasia rítmica en Ourense, “onde tivo sempre moito atractivo, con nomes importantes”. O vicepresidente do goberno provincial tamén recordou na súa intervención que as federacións “teñen a un gran aliado en Ourense e nas súas administracións, sendo de agradecer que así nolo recoñezan”

Salientou ademais Fernández que “unha vez máis unha competición desta disciplina visita Ourense, o cal non é froito da casualidade” Por elo, mostrou o seu agradecemento tanto as federacións galega e española por confiar en Ourense, ademais de destacar a colaboración coa Xunta “xa que este campionato soamente é un exemplo máis da cooperación entre as administracións, sendo o mellor exemplo o recente Campionato de España de trampolín, o cal foi un enorme éxito tanto de deportistas coma de público xuvenil”.

O presidente da Federación Galega de Ximnasia agradeceu á Federación Española de Ximnasia que escollesen de novo a Galicia para albergar estes eventos, así como “o esforzo que realiza a Deputación para ceder un pavillón con tanto uso durante estes días”. José Manuel Estévez tamén tivo palabras de agradecemento para “os dous clubs de Ourense, os cales están axudando a que todo estea perfectamente organizado”.

Leer más:   A Deputación inclúe no plan anual de publicacións a edición de 18 obras sobre historia, patrimonio, etnografía, poesía, literatura e galeguismo

O delegado de Deportes da Xunta de Ourense, Manuel Pérez, amosou a súa ledicia “pola boa saúde dos eventos deportivos en Ourense” e preveu que “este evento será unha mostra máis da calidade dos eventos que sempre son plantexados pola Federación Galega de Ximnasia”. Do mesmo modo, non deixou pasar a oportunidade para eloxiar ás instalacións do Pazo dos Deportes, xa que son “un exemplo para moitas cidades de España”.

A secretaria técnica de ximnasia rítmica da Real Federación Española de Ximnasia, Lorena Gómez, amosou o seu orgullo “por poder celebrar estes dous campionatos, de tanta importancia para a ximnasia en Ourense”, sendo ambos campionatos, explicou, “dos de máis alto nivel, tanto na modalidade masculina coma feminina”.

Leer más:   A Deputación renova o patrocinio do CD Arenteiro a través do programa "Ourense, provincia termal"

O Paco Paz, centro de referencia da ximnasia española

Durante estes días, a cidade de Ourense acollerá a máis de 400 participantes entre xuíces, equipo técnico e deportistas, pertencentes das categorías alevín, benxamín, infantil, júnior, primeira e sénior; e procedentes de tódalas comunidades autónomas, ademais de 30 participantes de Andorra.

Dende a federación española resaltan a participación de deportistas de alto nivel, con presenza no Campionato de Europa celebrado recentemente en Israel. Por número de participantes, destaca especialmente a delegación da Comunidade Valenciana, que conta con 43 deportistas, seguida pola xa mencionada federación de Andorra e sobresaíndo tamén a presenza de deportistas galegos.

Con estes dous campionatos, o Paco Paz será por cuarta vez neste ano 2022 o centro de referencia no mundo da ximnasia española nas súas distintas modalidades, ó ter acollido durante estes últimos meses o Campionato de España de Trampolín e o Torneo Internacional “Ourense, a provincia termal”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación fortalece a colaboración co Concello de Quintela de Leirado na procura de mellores infraestruturas para a veciñanza
Artículo siguienteO Inorde aposta pola revalorización dos residuos agrogandeiros
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.