A Casa da Cultura e Xuventude do Concello de Xinzo de Limia acolle ata o 29 de xullo a exposición fotográfica transfronteiriza sobre o río Limia-Lima

Tres fotógrafos ourensáns e tres portugueses documentaron o recorrido do río dende o seu nacemento no Monte Talariño, en Sarreaus, ata a súa desembocadura en Viana do Castelo

A actividade forma parte do proxecto Fronteira Esquecida, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa INTERREG V A España-Portugal (POCTEP) 2014 -2020

Ourense, 6 de xullo de 2022.- A Casa de Cultura e Xuventude do Concello de Xinzo de Limia acolle ata o 29 de xullo a exposición “Fronteira Esquecida. Itinerario Fotográfico Río Limia-Lima.”, coas mellores fotografías dos fotógrafos profesionais que documentaron o itinerario transfronteirizo perfilado, na parte galega, pola Deputación de Ourense a través dos 11 concellos galegos bañados polo río Limia-Lima.

Esta acción está enmarcada dentro do proxecto Fronteira Esquecida, cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, cuxo obxectivo principal é potenciar os recursos naturais e culturais do río Limia-Lima, e a súa contorna, e en base a iso crear e desenvolver unha estrutura de xestión e promoción conxunta que potencie o aproveitamento turístico da zona.

Dentro das actividades deste proxecto creouse este itinerario fotográfico que, agora, deriva na exposición “Río Limia-Limia. Caudal de emocións”, e que despois de estar no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense chega á Casa de Cultura e Xuventude do Concello de Xinzo de Limia. A mostra itinerante recolle as mellores imaxes do territorio que baña o río Limia-Lima, desde o seu nacemento no Monte Talariño (Sarreaus) ata a súa desembocadura en Viana do Castelo, realizadas por profesionais portugueses -Pedro Cerqueira, Eduardo Pimenta e Miguel Costa- e ourensáns -Paco Rocha, Rosa Veiga e Miguel Souto-.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 1 de mayo de 2024

Para el día de hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia. En cuanto…

16 horas hace

La Premier League imita a LaLiga e implementa control económico tras años de funcionar a pérdidas

La Premier League ha votado a favor de establecer reglas de control económico que toparán…

1 día hace

El olivar se erige como un atractivo clave para el turismo rural en toda España

El atractivo paisajístico de los olivares en España ha convertido a sus pueblos en un…

1 día hace

El rol crucial del auditor en los procesos de reestructuración empresarial

Tras un año y medio en vigor, la nueva ley concursal se vislumbra más adecuada…

1 día hace

Un camión cargado de pizarra fue detenido en Carballeda de Valdeorras por exceder en 15.000 kilos la carga permitida

OURENSE, 30 (EUROPA PRESS) Un camión que transportaba pizarra ha sido interceptado en la parroquia…

1 día hace

Dos camiones chocaron en una carretera en Vilar de Barrio (Ourense), provocando dos heridos leves

OURENSE, 30 (EUROPA PRESS) El conductor y su acompañante han resultado heridos de carácter leve…

1 día hace

Esta web usa cookies.