A Deputación reforza a súa colaboración coa Denominación de Orixe Monterrei

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, mantivo un encontro coa presidenta do Consello Regulador desta DO, Lara da Silva, no que se abordaron as liñas de cooperación abertas entre ambas entidades

Manuel Baltar resalta a importancia do sector vitivinícola na provincia e enmarca este apoio económico na “cooperación contundente” que a Deputación mantén dende fai anos cos consellos reguladores ourensáns

O presidente da Deputación sinala que este novo acordo axudará a seguir traballando en aspectos promocionais, “unha ferramenta para axudar as adegas a abrir mercado e seguir reforzando a visibilidade da DO”

Ourense, 7 de xullo de 2022.- A Deputación de Ourense reforza a súa colaboración coa Denominación de Orixe Monterrei. Así o avanzou o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, despois dun encontro coa titular do Consello Regulador desta DO, Lara da Silva, enmarcando este apoio na liña de colaboración aberta dende hai anos entre ambas entidades. A achega económica irá destinada a gastos de funcionamento do Consello Regulador e para actividades de promoción da Denominación de Orixe.

Manuel Baltar afirma que o sector vitivinícola, “é unha das mellores divisas do agroalimentario ourensán. E neste eido Consello Regulador da Denominación de Orixe (CRDO) Monterrei está despregando unha forte actividade. Con actividades coma a súa Feira do Viño, construída arredor das bodegas incluídas nesta DO, unha das catro que ten a provincia de Ourense”.

O presidente da Deputación sitúa esta colaboración dentro da relación cos consellos reguladores ourensáns: “Un apoio contundente, dende fai anos, traducido nunha liña específica. Agora, este novo acordo é para seguir co seu bo traballo e en aspectos promocionais, con ferramentas que axuden as adegas a abrir mercados e seguir reforzando a visibilización da DO Monterrei, sen dúbida unha das que teñen mellor futuro de España”.

Pola súa banda, a presidenta do CRDO Monterrei resaltou a “firme colaboración” do goberno provincial: “Coma sempre, estamos moi agradecidos coa Deputación, polo seu apoio a esta DO e a todo o sector vitivinícola”. Lara da Silva resalta o feito de que “a Deputación, e nominalmente o seu presidente, Manuel Baltar, sempre están aí, para escoitar as nosas necesidades e colaborar en todo o posible, dende apoiar as nosas actividades ata o impulso á nosa nova sede”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 14 de mayo de 2024

A lo largo del día de hoy en Ourense habrá cielos nubosos con lluvia. En…

5 horas hace

Investigadores del Campus de Ourense están a cargo de un proyecto europeo para la conversión de residuos agroforestales

La iniciativa contará con un presupuesto de 1,3 millones y buscará productos para ser empleados…

14 horas hace

La nueva figura en la empresa para retener y atraer talento es el influencer corporativo oculto

Una de las principales preocupaciones y retos de las compañías, de todo tamaño y sector,…

16 horas hace

Marlons vende 150.000 esrek burgers y celebra récord de 50.000 hamburguesas semanales en Madrid

En tan solo dos años desde su inauguración, Marlons ha marcado un hito en la…

18 horas hace

Coxabengoa se adjudica un contrato de electrificación y mantenimiento por 53 millones de euros con Adif

Coxabengoa, a través de su división de transmisión, ha sido adjudicataria del contrato de servicio…

18 horas hace

Sostenibilidad urbana gana terreno en ciudades alrededor del mundo

En la era contemporánea, la sostenibilidad emerge como un pilar fundamental, tanto en el ámbito…

18 horas hace

Esta web usa cookies.