O lexicógrafo Isaac Alonso Estraviz recibe a Medalla de Ouro da provincia pola súa defensa do galego e da cultura galega

Manuel Baltar, que presidiu o solemne acto celebrado este mediodía no Pazo Provincial, afirmou que con esta distinción recoñécese “a un home de fe e de circios principios morais, cunha personalidade pragmática e de enorme vitalidade”.

Para o presidente provincial, o intelectual é un exemplo de ourensanía, entendida como “unha marca de identidade común que nos singulariza e distingue como galegos”, pero que tamén destaca “pola súa grandeza de corazón, integridade como cidadán e, sobre todo, a súa tolerancia”

Alonso Estraviz agradeceu a distinción concedida por unanimidade pola Deputación no pleno do 25 de outubro de 2019. Un recoñecemento “que me enche de alegría, porque sentín sempre un grande orgullo de ter nacido nesta terra, coa lingua máis bela e rica das derivadas do latín, pola que debemos loitar con paixón”

Ourense, 18 de xullo de 2022.- O lexicógrafo Isaac Alonso Estraviz recibiu hoxe nun solemne acto celebrado no salón de plenos da Deputación de Ourense a Medalla de Ouro da provincia, por toda unha traxectoria intelectual caracterizada polo seu compromiso coa defensa do galego e da cultura galega, “como privilexiados que somos polo grande tesouro cultural e lingüístico que nos legaron os antepasados”, afirmou o homenaxeado. Unha medalla que distingue “a un home de fe e de circios principios morais, cunha personalidade pragmática e de enorme vitalidade”, asegurou pola súa banda Manuel Baltar, que presidiu o acto.

O presidente do goberno provincial glosou a figura de Alonso Estraviz recorrendo ás súas propias palabras, nas que afirma o lexicógrafo que por riba de todo “deben primar as relacións humanas”, máis aló de “xentes dispares e distintas, de todas as tendencias, sen impoñer nunca criterios pero sen consentir tampouco imposicións”. Palabras, dixo Manuel Baltar, “que condensan en poucas liñas a súa grandeza de corazón, integridade como cidadán e, sobre todo, a súa tolerancia”.

Partindo das máximas “honrar, honra” e “bos e xenerosos”, Manuel Baltar defendeu a concesión de distincións como esta medalla, que recoñece a ourensanía como “unha marca de identidade común que nos singulariza e distingue como galegos”. Unha riqueza que merece ser distinguida co ouro, o máximo símbolo da honra e do recoñecemento”.

Alonso Estraviz dedicou a medalla aos seus país, irmáns, “ao padre Plácido de Oseira que me recibiu no mosteiro”, e agradeceu a distinción concedida por unanimidade pola Deputación no pleno do 25 de outubro de 2019. Un recoñecemento “que me enche de alegría, porque sentín sempre un grande orgullo de ter nacido nesta terra, a que quero e amo apaixonadamente”.

Unha terra, subliñou “coa lingua máis bela e rica das derivadas do latín, pola que debemos loitar con paixón para que floreza, xunto coa cultura, como en tempos pasados”. Isaac Alonso afirmou sentir orgullo de ser galego “por todas as partes por onde andei”, comprobando a través do seus traballos “o asombrosamente rico que é o noso rural, por lingua, vocabulario e cultura”.

“Relevantes contributos no ámbito da lexicografía e filoloxía galego-portuguesa”

O acto celebrado esta mañá no salón de plenos da Deputación contou coa presenza do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; os alcaldes e alcadesa de Trasmiras, Cualedro e Allariz, Luciano Rivero, Emilio Pazos e Cristina Cid; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; senadores, deputados provinciais de todos os grupos presentes na corporación; representantes do mundo da cultura; familiares e amigos.

A profesora e catedrática de Filoloxía Española da Universidade de Vigo, María do Carmo Henríquez, foi a encargada de ler a laudatio, destacando na súa intervención que Alonso Estraviz, como humanista e filólogo, realizou “relevantes contributos no ámbito da lexicografía e filoloxía galego-portuguesa, nun mundo no que é difícil citar outras personalidades de igual categoría e capaces de elaborar durante varias décadas unha obra tan meritoria e dun único autor”, en referencia ao Dicionario da lingua galega.

En tanto, o deputado Armando Ojea, como instrutor do expediente de honras, fixo un repaso pola traxectoria intelectual do homenaxeado, ao que se recoñece coa Medalla de Ouro da provincia por toda unha vida “marcada polo seu carácter de traballador incansable en prol da defensa, estudo e difusión do noso idioma, que o converteu nun dos maiores especialistas que deu Galicia”.

O apartado musical do acto estivo a cargo de José Luis Fernández e Xico Paradelo, que ademais do poema de Carvalho Calero Quem me quijo e da composición Filandia de Sibelius interpretaron como peche o himno da provincia, Ourense no solpor.

Autor do Dicionario da lingua galega

Nado en 1935 en Vilaseca (Trasmiras), o lexicógrafo Isaac Alonso Estraviz ten publicados numerosos traballos filolóxicos e culturais, sendo unha das súas obras fundamentais Estudos Filológicos Galegoportugueses, publicado en 1987. Traduciu ao galego importantes textos litúrxicos desde o latín e obras de diversos autores, ademais de escribir destacados ensaios sobre o futuro das linguas minoritarias na Europa comunitaria. Como lexicógrafo é autor de obras sobre o léxico galego, merecendo especial consideración o Dicionario da Lingua Galega. 

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 7 de mayo de 2024

Para hoy por la mañana en Ourense habrá más nubes que claros. A medida que…

7 horas hace

El atractivo de Laliga para la inversión extranjera en España se intensifica

El valor medio de un club que disputa LALIGA EA SPORTS asciende, según datos del…

20 horas hace

Nueva investigación indica uso de empresas chinas en recolección de datos de usuarios internacionales

Según una investigación, China podría estar utilizando empresas tecnológicas para recolectar datos de usuarios en…

20 horas hace

Superioridad en alta complejidad: la Fundación Jiménez Díaz elegida la mejor en Madrid

El compromiso, dedicación y humanidad de los profesionales de la Fundación Jiménez Díaz y su…

20 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 6 de mayo de 2024

Hoy a primera hora en Ourense se prevén más nubes que claros. Por la tarde…

1 día hace

El tiempo para hoy en Ourense, 5 de mayo de 2024

En el día de hoy en Ourense habrá más nubes que claros con lluvia. En…

2 días hace

Esta web usa cookies.