Manuel Baltar lamenta na FEMP a “nula sensibilidade do Goberno para abordar os problemas dos nosos veciños e dos nosos concellos”

Ao remate da Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios e Provincias, o presidente da Deputación critica a pasividade do Executivo ante as reivindicacións das entidades locais: “O esquecemento é absoluto”

“Son moitos os argumentos que apuntalan a insostibilidade do actual modelo de financiamento local”, sinala Manuel Baltar, e por iso “levamos nove meses pedindo a convocatoria da CNAL, para debater tódalas cuestións sen resolver que están afogando as tesourerías de municipios e provincias”

A FEMP aprobou esta mañá unha Declaración sobre os Incendios Forestais na que chamou a extremar as precaucións e a colaboración e transmitiu o afecto e solidariedade con todos os afectados

Ourense, 19 de xullo de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou esta mañá por videoconferencia na reunión da Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

Ao remate desta xuntanza de traballo, Manuel Baltar definiu como “tremendamente decepcionante” a actitude constatada ao longo de todo o curso político por parte do Goberno central respecto a súa relación cos concellos e deputacións.

Unha situación, explica, que ven deteriorándose dende o comezo da pandemia. “O esquecemento é absoluto. O Goberno non aportou nin un euro polos gastos extraordinarios derivados do covid, e a isto súmase a sentenza do Tribunal Constitucional sobre a plusvalía ou as tensións de tesourería provocadas polo encarecemento do prezo da enerxía e dos materias”, lembrou o presidente da Deputación, que resume este escenario sinalando que “son moitos os argumentos para definir como insostible ó actual modelo de financiamento local”.

E fronte este escenario, remarca Manuel Baltar, está a pasividade do Goberno de Sánchez: “Levamos nove meses pedindo dende a FEMP a convocatoria da Comisión Nacional da Administración Local (CNAL) para debater todas as cuestións que están pendentes de resolver e que están a afogar financeiramente a municipios e provincias”.

“Esta situación -resume o presidente do goberno provincial- é unha falta de respecto cara ao municipalismo, demostrando a nula sensibilidade do Goberno para abordar coas entidades locais os problemas dos nosos veciños e dos nosos concellos”.

Fondo de Transporte

Ademais de insistir na convocatoria da CNAL e na necesidade de establecer os fondos Covid, a Xunta de Goberno da FEMP mantivo a súa demanda de compensar ás administracións locais polas plusvalías non recadadas despois da sentenza do Constitucional. Neste sentido, está pendente de coñecer un informe encargado para coñecer as consecuencias económicas para as administracións locais e levar as conclusións á CNAL, cando se convoque. Un estudo ao que podería suceder outro sobre o incremento do custe da enerxía, segundo se solicitou ao longo da reunión desta mañá da Xunta de Goberno.

Na reunión tamén esixiuse ao Goberno a habilitación do Fondo de Transporte, para compensar polas perdas do transporte urbano durante a pandemia. E ante a bonificación dos abonos de transporte, na Xunta de Goberno prantexouse tamén a necesidade de que sexa o Ministerio de Transportes quen sufrague dun xeito íntegro estas axudas.

Declaración da FEMP sobre os Incendios Forestais

A federación aprobou esta mañá unha Declaración sobre os Incendios Forestais ante a situación sufrida en Ourense, Lugo e comunidades autónomas como Castela e León e Cataluña.

Nesta declaración chámase a extremar as precaucións e transmitiu o afecto e solidariedade cos afectados e as familias dos falecidos. A FEMP únese aos “miles de veciños e veciñas, están a sufrir unha das peores traxedias que podían imaxinar, asistindo á destrución da súa contorna e temendo un futuro incerto sobre o que mesmo descoñecen cal será o punto de partida”. Subliña ademais o papel de alcaldes e alcaldesas destes municipios que “unen ao seu sufrimento como afectados, o traballo de apoio aos veciños e veciñas, envorcados en prestar axuda, atender e coidar, empeñados en salvar vidas e formas de vida, en buscar a forma de paliar consecuencias, de empezar a construír tan pronto como chegue o día despois e cada un dos días despois”.

A FEMP fai un chamamento “a extremar á precaución, á colaboración nesta tarefa, á vixilancia e á prevención para evitar que volva ocorrer” e engade que “a natureza nos pide ser extremadamente respectuosos”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

ALERTA FLiRT, una nueva y muy contagiosa variable del Covid podría llegar a Ourense

¡FLiRT, la nueva variante de COVID-19, que está arrasando en Estados Unidos y que puede…

1 hora hace

Madrid, el nuevo bastión del ‘Smash Burgers’ con Marlons y VICIO a la vanguardia

Madrid se ha convertido en el epicentro de la creciente tendencia de las smash burgers,…

2 horas hace

Gonzalo Mairata Corominas ficha por Sagardoy Abogados como abogado del Estado

Sagardoy Abogados anunció este lunes la incorporación como socio de Gonzalo Mairata Corominas (Madrid, 1978),…

2 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 7 de mayo de 2024

Para hoy por la mañana en Ourense habrá más nubes que claros. A medida que…

13 horas hace

El atractivo de Laliga para la inversión extranjera en España se intensifica

El valor medio de un club que disputa LALIGA EA SPORTS asciende, según datos del…

1 día hace

Nueva investigación indica uso de empresas chinas en recolección de datos de usuarios internacionales

Según una investigación, China podría estar utilizando empresas tecnológicas para recolectar datos de usuarios en…

1 día hace

Esta web usa cookies.