A Xunta Reitora do Consorcio do Centro Asociado á UNED en Ourense aprobou esta tarde a planificación académica para o curso 2022/2023 e os novos orzamentos anuais
Ourense, 20 de xullo de 2022.- O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, presidiu esta tarde na sala de xuntas do Centro Cultural Marcos Valcárcel a reunión da Xunta Reitora do Consorcio do Centro Asociado á UNED en Ourense. Unha xuntanza na que César Fernández estivo acompañado polo vicerreitor de Centros Asociados da UNED, Jesús de Andrés de Sanz; o director e a secretaria do Centro Asociado á UNED en Ourense, Jesús Manuel García e María Concepción Álvarez; o coordinador académico do centro ourensán, Julio Prada, e o interventor do Concello de Ourense, Gonzalo Alonso.
Unha reunión na que aprobouse o orzamento para o exercicio do 2023, que conta cunha achega da Deputación en calidade de entidade consorciada para o correcto funcionamento ordinario do Centro Asociado á UNED en Ourense.
Ademais, entre outros puntos do orde do día, aprobouse a planificación académica do curso 2022-2023. Un curso para o que o Centro Asociado á UNED en Ourense asume como principais obxectivos desenrolar os programas de orientación, fomentar a empregabilidade dos alumnos ou avanzar no Plan Global de Accesibilidade, para “asegurar aos estudantes con discapacidade unha participación plena e inclusiva en tódalas esferas da vida universitaria”.
- Te recomendamos -