“Ao redor do Universo Beatle” incorpora o seu catálogo, “unha peza de coleccionismo que pon colofón a esta inesquecible exposición”

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, felicitou polo seu traballo ao responsable do deseño do catálogo e da montaxe da exposición, Xosé Lois Vázquez “Che”

“A mellor exposición realizada en España arredor dos Beatles é, sen dúbida, unha das mellores da historia do Marcos Valcárcel”, destaca Manuel Baltar nos días previos ao peche da exposición, previsto para o 25 de xullo

O catálogo resume, segundo o presidente do goberno provincial, o “espírito e a perspectiva desta exposición”, que sumou miles de visitantes dende a súa inauguración fai tres meses, no marco da ICC Week

Ourense, 20 de xullo de 2022.-  A exposición “Ao redor do Universo Beatle” xa ten o seu catálogo. Un volume de 84 páxinas editado pola Deputación de Ourense nun papel de alta calidade, e que en palabras do presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, “resume o espírito e a perspectiva” dunha mostra que estará no Centro Cultural Marcos Valcárcel ata o vindeiro 25 de xullo.

O presidente da Deputación comprobou o resultado deste traballo xunto ao encargado do deseño do catálogo, Xosé Lois Vázquez “Che”, que retomou aquí a liña de traballo despregada no deseño e dirección de montaxe da exposición. O catálogo xa está sendo enviado aos domicilios das persoas que o solicitaron na súa visita á exposición, e o resto de interesados tamén poden recollelo no Marcos Valcárcel ata fin de existencias.

“Este catálogo é unha peza de coleccionismo, de auténtico luxo, que pon colofón a unha exposición inesquecible”, sinalou Manuel Baltar, que volveu a recoñecer o traballo de Xosé Lois Vázquez, así como o do comisario da mostra, Chema Ríos, e “o de todas as persoas que contribuíron a impulsar esta exposición, sen dúbida a mellor realizada sobre os Beatles en España e unha das mellores da historia do Marcos Valcárcel”.

O presidente do goberno provincial resalta que dende a inauguración de “Ao redor do Universo Beatle”, o pasado 25 de abril, esta mostra foi “superando todas as expectativas, con capacidade para sorprender, con fitos como o concerto de Javier Parisi e sumando novas pezas ata o derradeiro día”. Un éxito, explica Manuel Baltar, referendado polos miles de visitantes que se achegaron nestes tres meses ao Marcos Valcárcel para desfrutar coa exposición.

Textos e fotografías para condensar unha exposición inesquecible

O catálogo inclúe fotografías de moitas das 300 pezas procedentes de coleccións privadas que conforman esta exposición. Incorpora curiosidades e comentarios que axudan a debullar a importancia na cultura popular dos Beatles, debuxada nesta mostra a través de memorabilia, obxectos persoais dos integrantes da banda e publicacións xornalísticas de todo o mundo.

O volume tamén inclúe textos do presidente da Deputación e o comisario da mostra, Chema Ríos, ademais dos textos íntegros elaborados polo xornalista, escritor e músico ourensán Carlos Rego para esta proxecto e que dotan de contexto a exposición, percorrendo a traxectoria dos Beatles, dende o seu nacemento e estadía en Hamburgo ata a disolución da banda en 1970.

Unha reivindicación do impacto cultural dos Beatles

“Ao redor do universo Beatle” reúne dende o 25 de abril no Centro Cultural Marcos Valcárcel a 300 pezas procedentes de distintas coleccións particulares nunca expostas ata o de agora. Obxectos e numerosas pezas persoais dos membros da banda móstranse en diferentes ambientes para recrear momentos imprescindibles na traxectoria do grupo, dende a icónica cama de John Lennon e Yoko Ono ata a súa estadía na India, o paso de cebra de “Abbey Road” ou a portada de “Sgt. Pepper’s Lonely Hearts Club Band”.

A exposición, con espírito interactivo, quedou completada con memorabilia dos Beatles xunto a libros, revistas e xornais. O conxunto, como resaltaron os seus organizadores, reivindica o potente impacto cultural obtido polo grupo de Liverpool na cultura contemporánea, e que se mantén na actualidade.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 4 de mayo de 2024

Para hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia. Las temperaturas oscilarán entre una…

20 horas hace

La necesidad de una transición energética equitativa resalta en el encuentro de Riad

Riad fue el epicentro del diálogo mundial al albergar el Foro Económico Mundial (WEF), bajo…

1 día hace

Durante más de un año, el 61% de los mayores de 55 años sin encontrar trabajo

En el primer trimestre de 2024, casi un 54% de la población activa de más…

1 día hace

El grupo italiano Comelit compra Ingenium S.a. para fortalecer su mercado de domótica

El grupo italiano Comelit ha firmado la adquisición del 98% del capital social de Ingenium…

1 día hace

Innovación y lujo en los cinco hoteles españoles elegidos a nivel mundial

'Condé Nast Traveler' ha publicado su 'Hot List' anual con los mejores hoteles del mundo…

1 día hace

La policía de Suiza detiene a un hombre buscado por agredir con un arma blanca a un policía de Ourense y por tráfico de drogas

OURENSE, 3 (EUROPA PRESS) Un hombre que permanecía en busca y captura por tentativa de…

1 día hace

Esta web usa cookies.