Ourense, 24 de xullo de 2022. A Deputación felicita á Banda Unión Musical de Allariz, que acaba de obter a medalla de ouro e o cuarto posto no World Music Contest de Kerkrade, nos Países Baixos.
O director da banda, José Vega, expresou a súa satisfacción polos resultados obtidos neste prestixioso certame: “Este é o concurso máis importante a nivel mundial, as olimpíadas da música. A verdade é que estamos moi felices”.
En conversa coa deputada Luz Doporto, que felicitou á agrupación alaricana por este novo éxito, José Vega tamén resaltou a importancia do apoio da Deputación. O goberno provincial colaborou este ano coa Asociación Cultural Unión Musical de Allariz cunha achega económica para gastos de funcionamento e outra para a compra de instrumentos.
O concurso internacional de bandas de música celebrase cada catro anos nesta localidade holandesa. Considerada coma unha das citas de referencia mundial para as agrupacións da música de vento, reuniu nesta edición a máis de 20.000 músicos e 300.000 visitantes en Kerkrade.
Para hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia. Las temperaturas oscilarán entre una…
Riad fue el epicentro del diálogo mundial al albergar el Foro Económico Mundial (WEF), bajo…
En el primer trimestre de 2024, casi un 54% de la población activa de más…
El grupo italiano Comelit ha firmado la adquisición del 98% del capital social de Ingenium…
'Condé Nast Traveler' ha publicado su 'Hot List' anual con los mejores hoteles del mundo…
OURENSE, 3 (EUROPA PRESS) Un hombre que permanecía en busca y captura por tentativa de…
Esta web usa cookies.