Ourense, 29 de xullo de 2022.- A deputada de Cultura, Patricia Torres, entregou esta mañá na sala de xuntas do Pazo Provincial dez gaitas elaboradas polo Obradoiro de instrumentos da Deputación á banda de gaitas trivesa Os Trintas, representada polo seu director, Santiago Mera, e membros da directiva.
“Este é un xeito máis, tremendamente importante, de apoiar a formación musical dos veciños ourensáns e ademais supón un respaldo para esta formación”, sinalou a deputada, que ademais de aplaudir a traxectoria de Os Trintas quixo recoñecer o excelente traballo realizado polo obradoiro dirixido por Manuel Brañas.
Mentres, dende a banda trivesa resaltaron que “hoxe é un día moi importante, porque estes instrumentos facían moita falta para garantir a nosa continuidade como agrupación. Agradecemos que a Deputación atendera a nosa petición e seguiremos traballando a prol da cultura galega”.
Riad fue el epicentro del diálogo mundial al albergar el Foro Económico Mundial (WEF), bajo…
En el primer trimestre de 2024, casi un 54% de la población activa de más…
El grupo italiano Comelit ha firmado la adquisición del 98% del capital social de Ingenium…
'Condé Nast Traveler' ha publicado su 'Hot List' anual con los mejores hoteles del mundo…
Un motorista herido tras ser atropellado por un camión en Ourense que huyo del lugar…
A lo largo del día de hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia.…
Esta web usa cookies.